Cun ano de atraso sobre o anunciado, a editorial Galaxia prevé iniciar en 2014 a actividade de Mar Maior. A firma viguesa está a presentar na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires as liñas básicas do selo co que quere difundir as nosas letras a partir das comunidades de galegos distribuÃdas polo mundo. O proxecto iniciará a súa actividade coa publicación de Os galegos e a Arxentina un ambicioso libro-álbum en grande formato do que sairán 5.000 exemplares en castelán e 1.000 en galego.