Edicións para Rosalía

Un facsímile, unha edición crítica e un inédito súmanse as novidades sobre a poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Bulen as edicións sobre Rosalía de Castro nestes días. O Consello da Cultura, a Xunta e mais o Parlamento de Galicia presentan esta tarde, nesta última institución, a edición facsimilar de Cantares Gallegos. A obra conmemora os 150 anos da edición do poemario fundacional do Rexurdimento. Pola súa banda, edicións Xerais presentaba esta mesma semana a edición crítica que realizou Anxo Angueira esta obra, incluíndo un amplo estudo introdutorio e notas sobre o texto. A mesma editora anunciou ademais a versión en libro electrónico do poemario. Por se fose pouco, o semanario Sermos Galiza anuncia a edición para este venres dun poema inédito da autora, recuperado por Francisco Rodríguez.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Rodríguez, Rosalía de Castro, Anxo Angueira, Cantares Gallegos...