Ao longo deste mes, o patrimonio sonoro cobra unha especial relevancia na nosa axenda. Galicia acolle exposicións, conferencias, obradoiros e actividades no marco do European Acoustic Heritage. Este proxecto, que involucra diferentes entidades do continente arredor do son, ten a súa orixe e a súa base no noso paÃs, da man do colectivo Escoitar.org.
Segundo lembra Xoán Xil, membro de Escoitar.org e un dos promotores desta iniciativa, “o proxecto xurdiu dunha proposta que se fixo hai xa tempo e que retomaron AGADIC e mais a Fundación Illa de San Simón para o presentar ás convocatorias a nivel europeo”. AÃnda que tanto o soporte técnico como a investigación de contidos caen sobre Escoitar.org, “agora mesmo a cabeza da iniciativa son eles”, xa que era necesario contar cunha certa capacidade económica para se integrar nunha proposta como esta.
A xestación
“Fixémolo logo dunha traxectoria de varios anos co patrimonio sonoro de Galicia, nós comezamos a traballar en 2005. E pensamos nunha proposta ambiciosa no que participasen xente de diferentes iniciativas”, explica Xil. AsÃ, estableceuse contacto coa universidade de Tampere, en Finlandia, que “levan anos a traballar na paisaxe da comunicación, atendendo ao son do ambiente de diferentes cidades”. Tamén o laboratorio Cresson, que fai parte da Escola de Arquitectura de Grenoble, se sumou á iniciativa. “Son un referente, traballan a arquitectura atendendo tamén ao sentido non material, pensando nun urbanismo sensible que configura o espazo atendendo ao visual, ao sonoro, ao olfactivo ou ao táctil”. O Phonogrammarchiv de Viena, considerado o primeiro arquivo sonoro do mundo, completa o panorama de socios que fan parte do proxecto.
A achega galega
A importancia do traballo galego no conxunto de proxecto fica de relevancia ao revisarmos o mapa sonoro que European Acoustic Heritage presenta no seu web, no que se recollen nada menos de 975 gravacións de sons do noso paÃs. Fronte a isto, as achegas en toda Francia non chegan ás 200, Austria fica con 95 e Finlandia está en 76. Ademais, Escoitar.org achegou un novo xeito de traballar con este ben no seo desta iniciativa. “Mentres no resto dos proxectos traballaban desde unha perspectiva académica, nós apostamos por algo máis divulgativo e horizontal. No canto de escollermos nós os sons a recoller, quixemos que toda a xente puidese contribuÃr. Entón creamos o noso web, onde todo o mundo pode achegar os seus sons e configurar asà un mapa sonoro”. Esta dinámica permitiu ademais xerar unha revalorización do patrimonio acústico no noso paÃs. “Creouse unha certa rede de entidades que traballan noutros campos e que comezan a ter en conta o aspecto sonoro”, sinala Xil. AsÃ, colectivos como VaipolorÃo, centrado na custodia fluvial, contactaron con esta proposta para facer rexistros sonoros do terreo no que traballaban. Tamén o fixeron encontros de campaneiros, de xeito que os seus diferentes toques quedaron recollidos por Escoitar. “Houbo contactos con antropólogos e arquitectos, fixéronse talleres e creouse un interese por pór no mapa conceptual dos traballos que se fan en Galicia o tema do son como algo importante que pode axudar a entender o obxecto que investigamos”.
Segundo explica Xil, a interacción cos outros socios que participan do proxecto “resultou moi interesante e deu en dinámicas moi produtivas”. Cresson, por exemplo, creou un mapa sonoro semellante aos nosos que incorporou no seu proxecto. Convidáronnos ás actividades da Semana do Son que se fai en Francia e abrÃronse inciativas de colaboracións para varios traballos”. Canda a isto, o colectivo tamén se encargou do soporte técnico na rede sobre o que se desenvolve a iniciativa.
As actividades
O proxecto chega agora ao noso paÃs mediante unha exposición que se pode ver na Cidade da Cultura ata o vindeiro 3 de maio. “Máis do que a exposición como algo temporal interésanos a dinámica que se creou coas actividades arredor. A mostra recolle as propostas que se fixeron nas localidades dos diferentes socios e foi medrando con novas achegas segundo foi itinerando”. VÃdeos, entrevistas sobre paisaxes sonoras e memoria, mostras dos sons e outros contidos conforman unha visión xeral e permiten un primeiro achegamento ao proxecto. A parada no noso paÃs da iniciativa vai acompañada por propostas como un paseo sonoro pola RÃa de Vigo, concertos de arte sonora ou outro realizado con fragmentos das pezas que fan parte do proxecto, asà como obradoiros didácticos. O vindeiro 27 de abril un percorrido pola costa de Ferrol permitirá coñecer como o son lle facilita o traballo ao xeógrafo Xoán López Bedoya nos seus estudos sobre xeomorfoloxÃa, xa que lle permite recoñecer a forma e mesmo a composición dalgúns tramos de costa polo xeito no que o mar bate neles.
Avances no patrimonio sonoro
De maneira xeral, Xoán Xil salienta que “o patrimonio acústico é algo que cada vez está mais na axenda. Nos últimos anos medraron por toda Europa iniciativa que se preocuparon deste tipo de cousas a nivel colectivo. No entanto, en moitos casos trátase desde unha perspectiva moi académica que dificulta que a xente poida valorar isto”. O proxecto amosa tamén testemuños de xente que fala das súas vivencias e lembranzas relacionadas co sonoro. “Hai moitos exemplos de diferentes zonas que teñen un son particular ou que resulta especial para moita xente, e que mesmo logo de desaparecer segue na memoria. En entrevistas que temos a xente fala de sons como o xeito no que bate o mar nunha rocha particular, do argazo ao se recoller ou das sereas das fábricas nalgunhas zonas, que son especiais. Vivimos rodeados de sons aos que se non lles prestamos atencións molestan, pero se nos fixamos, vemos que moitos fan parte da nosa cultura e da sociedade que nos representa”.
A concentración de esforzos que supuxo esta iniciativa está pendente de ter continuidade. “Hai moi boa sinerxia cos outros socios participantes, pero non sabemos se o proxecto en si seguirá, vai depender tamén do que decida AGADIC e qué lugar quere ocupar”.
Programa de European Acoustic Heritage.Segundo lembra Xoán Xil, membro de Escoitar.org e un dos promotores desta iniciativa, “o proxecto xurdiu dunha proposta que se fixo hai xa tempo e que retomaron AGADIC e mais a Fundación Illa de San Simón para o presentar ás convocatorias a nivel europeo”. AÃnda que tanto o soporte técnico como a investigación de contidos caen sobre Escoitar.org, “agora mesmo a cabeza da iniciativa son eles”, xa que era necesario contar cunha certa capacidade económica para se integrar nunha proposta como esta.
A xestación
“Fixémolo logo dunha traxectoria de varios anos co patrimonio sonoro de Galicia, nós comezamos a traballar en 2005. E pensamos nunha proposta ambiciosa no que participasen xente de diferentes iniciativas”, explica Xil. AsÃ, estableceuse contacto coa universidade de Tampere, en Finlandia, que “levan anos a traballar na paisaxe da comunicación, atendendo ao son do ambiente de diferentes cidades”. Tamén o laboratorio Cresson, que fai parte da Escola de Arquitectura de Grenoble, se sumou á iniciativa. “Son un referente, traballan a arquitectura atendendo tamén ao sentido non material, pensando nun urbanismo sensible que configura o espazo atendendo ao visual, ao sonoro, ao olfactivo ou ao táctil”. O Phonogrammarchiv de Viena, considerado o primeiro arquivo sonoro do mundo, completa o panorama de socios que fan parte do proxecto.
A achega galega
A importancia do traballo galego no conxunto de proxecto fica de relevancia ao revisarmos o mapa sonoro que European Acoustic Heritage presenta no seu web, no que se recollen nada menos de 975 gravacións de sons do noso paÃs. Fronte a isto, as achegas en toda Francia non chegan ás 200, Austria fica con 95 e Finlandia está en 76. Ademais, Escoitar.org achegou un novo xeito de traballar con este ben no seo desta iniciativa. “Mentres no resto dos proxectos traballaban desde unha perspectiva académica, nós apostamos por algo máis divulgativo e horizontal. No canto de escollermos nós os sons a recoller, quixemos que toda a xente puidese contribuÃr. Entón creamos o noso web, onde todo o mundo pode achegar os seus sons e configurar asà un mapa sonoro”. Esta dinámica permitiu ademais xerar unha revalorización do patrimonio acústico no noso paÃs. “Creouse unha certa rede de entidades que traballan noutros campos e que comezan a ter en conta o aspecto sonoro”, sinala Xil. AsÃ, colectivos como VaipolorÃo, centrado na custodia fluvial, contactaron con esta proposta para facer rexistros sonoros do terreo no que traballaban. Tamén o fixeron encontros de campaneiros, de xeito que os seus diferentes toques quedaron recollidos por Escoitar. “Houbo contactos con antropólogos e arquitectos, fixéronse talleres e creouse un interese por pór no mapa conceptual dos traballos que se fan en Galicia o tema do son como algo importante que pode axudar a entender o obxecto que investigamos”.
Segundo explica Xil, a interacción cos outros socios que participan do proxecto “resultou moi interesante e deu en dinámicas moi produtivas”. Cresson, por exemplo, creou un mapa sonoro semellante aos nosos que incorporou no seu proxecto. Convidáronnos ás actividades da Semana do Son que se fai en Francia e abrÃronse inciativas de colaboracións para varios traballos”. Canda a isto, o colectivo tamén se encargou do soporte técnico na rede sobre o que se desenvolve a iniciativa.
As actividades
O proxecto chega agora ao noso paÃs mediante unha exposición que se pode ver na Cidade da Cultura ata o vindeiro 3 de maio. “Máis do que a exposición como algo temporal interésanos a dinámica que se creou coas actividades arredor. A mostra recolle as propostas que se fixeron nas localidades dos diferentes socios e foi medrando con novas achegas segundo foi itinerando”. VÃdeos, entrevistas sobre paisaxes sonoras e memoria, mostras dos sons e outros contidos conforman unha visión xeral e permiten un primeiro achegamento ao proxecto. A parada no noso paÃs da iniciativa vai acompañada por propostas como un paseo sonoro pola RÃa de Vigo, concertos de arte sonora ou outro realizado con fragmentos das pezas que fan parte do proxecto, asà como obradoiros didácticos. O vindeiro 27 de abril un percorrido pola costa de Ferrol permitirá coñecer como o son lle facilita o traballo ao xeógrafo Xoán López Bedoya nos seus estudos sobre xeomorfoloxÃa, xa que lle permite recoñecer a forma e mesmo a composición dalgúns tramos de costa polo xeito no que o mar bate neles.
Avances no patrimonio sonoro
De maneira xeral, Xoán Xil salienta que “o patrimonio acústico é algo que cada vez está mais na axenda. Nos últimos anos medraron por toda Europa iniciativa que se preocuparon deste tipo de cousas a nivel colectivo. No entanto, en moitos casos trátase desde unha perspectiva moi académica que dificulta que a xente poida valorar isto”. O proxecto amosa tamén testemuños de xente que fala das súas vivencias e lembranzas relacionadas co sonoro. “Hai moitos exemplos de diferentes zonas que teñen un son particular ou que resulta especial para moita xente, e que mesmo logo de desaparecer segue na memoria. En entrevistas que temos a xente fala de sons como o xeito no que bate o mar nunha rocha particular, do argazo ao se recoller ou das sereas das fábricas nalgunhas zonas, que son especiais. Vivimos rodeados de sons aos que se non lles prestamos atencións molestan, pero se nos fixamos, vemos que moitos fan parte da nosa cultura e da sociedade que nos representa”.
A concentración de esforzos que supuxo esta iniciativa está pendente de ter continuidade. “Hai moi boa sinerxia cos outros socios participantes, pero non sabemos se o proxecto en si seguirá, vai depender tamén do que decida AGADIC e qué lugar quere ocupar”.
Publicación do proxecto European Acoustic Heritage (en inglés).