Foi un poeta romántico, coñecido polo seu compromiso con Galicia e coas clases menos favorecidas, miliciano no levantamento de 1854 e autor do famoso brindis do Banquete de Conxo. Amigo de Pondal, MurguÃa e RosalÃa, precisamente mantivo unha amizade con esta última que deu moito que falar. Aurelio Aguirre (Santiago, 1833- Coruña, 1858) puido ser máis destacado na historia da cultura galega se non tivera morto aos 25 anos. Iso é o que deduce Olivia RodrÃguez, encargada de facer a edición crÃtica a raÃz do estudo dun manuscrito inédito. O libro xa fora descuberto con anterioridade, mesmo Ramón Torrado ten falado da descoberta, será Henrique Alvarellos quen o editará. Vaino facer no marco da colección Rescate e nel figurará outra versión do Brindis de Aguirre en Conxo, unha vintena de poemas inéditos e outros do libro PoesÃas selectas.
Información corrixida e actualizada
Información corrixida e actualizada