O congreso RosalÃa de Castro no Século XXI celebrará este xoves 25 de abril a súa terceira xeira no Consello da Cultura Galega, en Compostela. O evento, coordinado por Anxo Angueira, ten como lema Cara a unha interpretación global de RosalÃa: hermenéutica, fontes e edición. A edición da obra de RosalÃa, a necesidade dunha interpretación integral da obra da poeta ou a pegada do gótico e o romanticismo no traballo da autora son algúns dos temas que se abordarán no encontro, que ten aberta a inscrición.