Esta fin de semana tivo lugar en Monforte a entrega dos XXII Premios Irmandade do Libro que concede a Federación de Libreiros de Galicia. O xurado recoñeceu A Noite Branca, de Francisco Xosé Fernández Naval como o Libro do Ano 2012. O premio de Fomento da Lectura foi para a web Galicia Encantada, mentres que as guÃas da natureza BaÃa Verde publicadas por BaÃa Edicións recibiron o de mellor “obra editorial”. O establecemento especializado en banda deseñada, Kómic (Santiago), foi premiado na modalidade “librarÃas”. Completa a listaxe, o CEIP de Quintela de Moaña, que recibiu o premio na modalidade de centros de educación. No transcurso do encontro, tamén se lle entregou o seu premio a MarÃa JOsé Queizán, a quen os libreiros lle recoñeceron a súa traxectoria.