A XIII Edición do premio Fiz Vergara Vilariño de PoesÃa foi para Eva Veiga. A poeta e xornalista levou o galardón de 6.000 euros polo seu traballo A distancia do tambor, que se impuxo entre as 92 obras que se presentaron ao certame e que será editada por Espiral Maior. Os membros do xurado, Xerardo Quintiá, Alfredo Ferreiro e Rosa EnrÃquez, valoraron especialmente "o uso novidoso e minimalista da linguaxe poética a través dunha marcada e, sen embargo, contida intensidade expresiva". O premio está convocado polo Concello de Sarria e mais a agrupación cultural Ergueitos.