Ponferrada acollía este sábado a presentación dos Premios da Crítica Española, os galardóns cos que a Asociación Española de Críticos Literarios recoñece os mellores traballos do ano. No apartado da literatura en galego, este colectivo acordou premiar en poesía a obra Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, publicado na colección Tambo de Faktoría K. En narrtiva foi recoñecia a novela Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño, que xa levara un premio en 1999 pola obra Luz de facer memoria.