Xulio RÃos, director do IGADI e do Observatorio da PolÃtica China (OPCh)é o responsable da primeira tradución ao galego do clásico chinés A arte da guerra, de Sun Zi. A obra, escrita orixinalmente no século VI antes da nosa era, ve a luz nunha edición bilingüe da man de Teófilo Edicións, que presenta o libro cunha bolsa de tea negra con motivos orientais, follas a imitar o papel de arroz e ilustracións da época orixinal. O volume sae á venda a un prezo de 30 euros.