A abundante presenza de Galicia no NODO, ligada á presenza vacacional do Xeneral Franco en Meirás, constitúe un importante legado documental de cómo a ditadura procuraba a desmobilización a través do retrato dun paÃs detido no tempo. Analizamos con José Luis Castro de Paz, catedrático de Comunicación Audiovisual da USC, cinco momentos claves da representación de Galicia nos noticiarios franquistas.
O Noticiario Documental (NODO) foi creado en setembro de 1942 pola ditadura, aÃnda recén creada, como instrumento propagandÃstico. DebÃase reproducir obrigatoriamente nos cines. Asà durou ata que en 1975 deixou de ser obrigatorio. A súa produción cesou en 1981. Iso supón case catro décadas con emisións cinematográficas semanais: un impresionante arquivo que retrata non só a un paÃs, senón sobre todo a como o réxime querÃa representar ese paÃs. Mercé a un acordo entre RTVE e a Filmoteca Nacional, o NODO está agora dispoñible no web da primeira entidade.
José Luis Castro de Paz, catedrático de Comunicación Audiovisual da USC, e o seu equipo, documentaron plano a plano cada un dos noticiarios para coñecer os actores, escenarios e representantes do réxime, pero tamén a linguaxe fÃlimica elaborada polo NODO. “Tiña moi bos operadores e técnicos”, afirma Castro de Paz, “e hai que ter en conta que entre o material hai documentais de gran interese. Pensemos que habÃa moitos operadores que traballaron nel que ideoloxicamente estaban nas AntÃpodas do réxime”. Esta caracterÃstica do NODO, a de ser un instrumento de propaganda do poder operado, ás veces, por opositores –cando menos de pensamento- ao propio franquismo, motiva a natureza dual.
“AÃnda que o NODO crea un discurso oficial”, afirma Castro de Paz, “despois estaba a presenza da realidade que a cámara sempre colle”, e está por detrás, amosando pequenas fendas nun paquete ben construÃdo para a propaganda. “O NODO tiña unha certa densidade visual e tentaban construÃr metáforas subrepticias sobre o papel de Franco como lÃder histórico. Hai metáforas cos nenos aos que se alimenta, nos que Franco é un pai que alimenta ao seu pobo, ou relacións visuais entre os torreóns como metáfora da forza do réxime”.
A desmobilización
Sen embargo, se algo destaca do NODO para Castro de Paz é que o seu obxectivo é a “desmobilización”. “Foi eficaz niso, ti collÃas un paÃs convulso e o que vÃas no NODO, pola contra, é un neno xogando ao xadrez”. Para Castro de Paz, o NODO foi eficaz desmobilizando á poboación. “Creou un tempo que non transcorrÃa, un bucle temporal de procesións, tradicións, un paÃs idÃlico no que non pasaba nada”. O propio NODO foi evolucionando co tempo. “Cando consideraron que a batalla estaba xa gañada, o NODO aÃnda se fixo máis costumista e tópico”, sinala Castro de Paz.
Galicia no NODO
A presenza de Galicia no Noticiario Documental, aÃnda que non está cuantificada, “é moi relevante”, asegura Castro de Paz. “Despois de Madrid ou Barcelona é dos territorios máis presentes”. O motivo vén causado pola presenza vacacional de Franco nas Torres de Meirás, a súa residencia oficial de veraneo. Asà que a provincia da Coruña adoita estar moi representada no NODO e, en especial, o contorno de Meirás, como Sada, ou a propia cidade da Coruña.
Moita desta representación ten que ver coa vida no pazo de Meirás, na que se alternan episodios familiares de lecer coas netas de Franco coa vida oficial das reunións de ministros e representacións oficiais. Pero combÃnanse con valiosas imaxes sobre romarÃas e tradicións galegas, asà como algunhas escenas industriais.
A selección de José Luis Castro de Paz
1. NODO 35A. 1944.
O Caudillo en Galicia. MarÃn. O heroe militar e victorioso ante os novos oficiais de Marina.
[Ver NODO. Tempo: 12:13]
2. NODO 92A. 1943.
Folklore de verán en San Benitiño: a Galicia mÃtica querida polo Réxime.
[Ver NODO. Tempo: 00:29]
3. NODO 454A. 1951.
Consello de Ministros en Meirás. Repetido cada mes de agosto, un ingrediente estival inevitable para os espectadores.
[Ver NODO. Tempo: 07:22]
4. NODO 454A. 1957.

5. NODO 716A. 1956.
Franco inaugura en Malpica unha Casa del Pescador.
[Ver NODO. Tempo: 01:33]