Nos anos máis duros do franquismo, cando o emprego público do galego era anecdótico, un espectáculo na nosa lingua percorrÃa con grande éxito as vilas e cidades do paÃs: O Teatro MelodÃas de España, máis coñecido coma Barriga Verde, gañou por dereito propio un lugar entre os pioneiros da escena galega e na popularización do xénero dos monicreques. Na actualidade diferentes iniciativas queren recuperar a súa memoria.
Só hai que preguntar. Moitas son as persoas de máis de cincuenta anos que poden falar de Barriga Verde no noso paÃs. Non é para menos, o espectáculo percorreu durante máis de trinta anos vilas e cidades do noso paÃs, chegando a facerse parte do noso imaxinario cultural. Dúas xeracións de galegos lembran aÃnda as andanzas e expresións dos monicreques e do seu manipulador, un artista que, curiosamente, non era do paÃs.
No camiño
José Silvent era fillo dun francés e dunha estremeña. Naceu en 1890 na provincia de Badaxoz, e xa con menos de catorce anos, marchou da casa e comezou a percorrer Portugal. Segundo Xaime Iglesias, un dos investigadores da súa figura, foi en Porto onde Silvent coñecerÃa os segredos dos monicreques a través dos “fantocheiros” e dos “robertos” (un tipo de espectáculo que tiña a súa orixe na Comedia dell`Arte Italiana). Destes últimos aprenderÃa a modificar a súa voz introducindo palletas de prata de diferentes grosores na súa gorxa, unha técnica que esixÃa un grande dominio. Ó cruzar o Miño coñeceu en Salvaterra a Emerenciana Fernández coa que casou en 1919, instalándose a parella na parroquia pontevedresa de Lérez. SerÃa esta a base de operacións desde a que, durante máis de trinta anos, a familia percorrerÃa Galicia.
Comeza a función
O espectáculo comezou xa nos anos trinta cunha simple saba e unha corda como única posta en escena. Pouco a pouco as posibilidades foron mellorando e Silvent pasou á barraca de lona e, en 1949, a un pequeno teatro de madeira. Co nome de “MelodÃas de España” e prometendo un espectáculo “culto e moral”, esta función convertirÃase en habitual de festas coma o San Froilán de Lugo, a Ascensión de Santiago ou as Peregrinas de Pontevedra entre outras moitas. O éxito do espectáculo de monicreques protagonizado polo personaxe de Barriga Verde fixo que axiña este nome abranguese a todo o espectáculo e mesmo ó propio José Silvent. Ademais desta montaxe, Silvent realizaba tamén proxeccións de cine en moitas aldeas da zona de Pontevedra, sendo responsable da introducción desta arte en moitos lugares.
A obra
O espectáculo de monicreques que presentaba Silvent consistÃa nunha serie de pezas curtas de carácter satÃrico e burlesco que tiñan como protagonista a Barriga Verde, un monicreque de madeira que se vÃa envolto nas máis diversas situacións e que remataba vencendo e burlando sempre ó seu adversario, fose este un cura, un portugués ou o propio demo. Tanto a fabricación dos bonecos coma o seu manexo e o argumento das obras era cousa do propio Silvent, que contaba coa colaboración da súa muller, un fillo ou un neto para facer voces. Non existÃu nunca un guión escrito para as diferentes obras representadas, e a miúdo os diálogos mudaban para incorporar anécdotas de actualidade ou sucesos da localidade onde se estivese a representar.
Escena en galego
Unha das mayores peculiaridades do espectáculo de Barriga Verde era que a posta en escena realizábase en galego. Segundo sinala Xaime Iglesias, Silvent coñecÃa ben o noso idioma, e na súa formación “puido influÃr o seu paso por Portugal, incluso segundo algunhas referencias empregaba algunhas expresións portuguesas”. Durante o Franquismo, Barriga Verde constiuÃuse nun fito do emprego público do galego. Unha carta de Suso López citada por Dosinda Areses no seu artigo “O circo colonizado” dá testemuño da importancia desta iniciativa. Segundo López, “moitos veteranos galeguistas mesturados coa moitedume, coma Xosé L. Fontenla Méndez, a penas poden conter a emoción” ó ver o espectáculo. No seu artigo, Dosinda Areses denuncia a situación: “Vicente Risco e Filgueira Valverde abandonaran o uso público do idioma galego. Barriga Verde ocupaba o seu sitio. O pobo ocupaba o seu sitio.” Xesús Alonso Montero recoñeceu que este foi o seu primeiro contacto co teatro galego. E realmente o emprego do idioma no espectáculo foi sen dúbida unha das razóns que explican o grande éxito de público que acadou.
Barrigas de lembranza
Logo da retirada de Silvent en 1964 e da súa morte tres anos despois, o nome de Barriga Verde, xa definitivamente incorporado ó imaxinario galego, quedou relegado a unha lembranza para todos aqueles que algunha vez asisitiron ás súas representacións. Só en 1968 Manuel MarÃa publicaba “Barriga Verde”, un texto teatral no que recuperaba personaxes e situacións do espectáculo, sen que xurdisen iniciativas para evitar o esquecemento desta figura. Sen embargo, desde hai xa varios anos, son cada vez máis as voces que reclaman a recuperación e valoración desta aventura única na cultura do noso paÃs. Silvent xa recibiu unha homenaxe en Lérez e está a estudiarse que unha rúa do lugar leve o nome popular do seu espectáculo. O primeiro número de “Bululú. A revista dos TÃteres” dedicaba unha ampla reportaxe a Barriga Verde, e en outubro de 2001 homenaxeouse a Silvent no marco do Festival Internacional de TÃteres de Compostela. Un ano despois o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais creaba o I Premio Internacional para Textos de Teatro de TÃteres Barriga Verde. E a memoria continúa.
O retorno de Barriga Verde
Na actualidade a Asociación Cultural Barriga Verde está a traballar nun proxecto para recuperar a barraca de MelodÃas de España, modernizándoa tecnolóxicamente. Segundo Jorge Rey, presidente da asociación “este proxecto terÃa unha parte que serÃa máis etnográfica” amosando o xeito de traballo tradicional da familia Silvent, e “tamén contarÃa cun repertorio de autores contemporáneos sobre o personaxe”. AÃnda que xa está falado que Alfonso, o fillo de José Silvent se faga cargo da dirección da obra, quedan todavÃa pendentes moitas cuestións para botar a andar o proxecto, que pretende levar de novo polas prazas de vilas e cidades o nome de Barriga Verde.