A Asociación Galega de Editores, desta volta en colaboración con libreiros locais, organiza unha nova xeira de Outlets do Libro Galego. O Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar) acolle entre o 6 e o 14 de abril a primeira cita desta iniciativa, que permitirá adquirir obras descatalogadas das principais editoras do paÃs. Os outlets continuarán por Pontevedra, Ourense, O Barco e mais lugo. En total estarán presentes 17 editoras do paÃs con máis de mil tÃtulos, na súa maior parte en galego. En cada unha das localidades unha librarÃa local se encargará da xestión e comercialización do fondo.
A maior parte dos fondos estarán dispoñibles co habitual esquema de prezos destes eventos de 1 libro a 3 euros, 2 volumes a 5 e 5 a dez euros. Ademais, as edicións especiais e as obras de grande formato poderán adquirirse a prezos de 10 e 15 euros.
Datas dos outlets da Asociación Galega de Editores
Santiago de Compostela. 6 ao 14 de abril.
Pontevedra. 20 ao 28 de abril.
Ourense. 4 ao 12 de maio.
O Barco de Valdeorras. 18 ao 26 de maio.
Lugo. 1 ao 9 de xullo.