Os textos que Paz Andrade elaborou durante as súas viaxes por américa como delegado da FAO e que permanecÃan inéditos, ven a luz finalmente en forma de libro. A editorial Alvarellos e mais o Consello da Cultura Galega presentan a obra ás 19 horas de hoxe na sede desta institución. Os textos Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955 foron compilados pola historiadora Emilia GarcÃa, que achega ademais fotografÃas e postais destes periplos. Unha mostra deste material puido lerse na sección Itinerarios de Ultramar de Culturagalega.org.