Quiosco: Feito na Casa 1

A nova publiación dixital centra a súa atención na música e na cultura popular

Co subtítulo de Revista dixital de cultura tradicional está xa dispoñible para libre descarga o primeiro número de Feito na Casa. A publicación, desenvolvida desde Animaxes AV, atende nesta entrega ao traballo do dúo musical compostelán Verdegaio, presenta unha entrevista ao fotógrafo Juan Luís Rúa e mais dá unha ollada ao obradoiro de César Loureiro. Ademais, X.H. Rivadulla Corcón achega un artigo sobre símbolos da cultura mariñeira en Muxía, e os propios promotores do proxecto se presentan nun breve texto. De cara ao futuro, a revista promete manter seccións sobre fotografía, música e obradoiros artesáns entre outros contidos.