Experimentar coas imaxes

O CGAC achega a primeira retrospectiva de James Welling en España

10/4/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

Diary Landscape A15, 1977-1986

Son unhas cento cincuenta obras que exhiben os inicios, as primeiras etapas experimentais de James Welling (Hatford, Conética, 1951), unha das figuras máis relevantes da fotografía actual. Pódense ver no CGAC baixo o título de The mind on fire ( ata o 16 de xuño) logo de chegar, con novas pezas, da Milton Keynes Gallery do Reino Unido aliados nesta mostra. A exposición dá a coñecer a unha das figuras fundamentais da Pictures Generation, autores que apostaron pola creatividade fotográfica e inserir este medio na corrente máis popular da arte contemporánea.
James Welling non é un descoñecido para o público galego. Na exposición a propósito de Jeff Wall (a finais de 2012) xa se puido ver unha pequena mostra do seu traballo. De feito, para Miguel von Hafe, o director do CGAC, a relación entre a obra de Jeff Wal e James Welling garda certas similitudes porque “son dúas maneiras de achegarse á fotografía pictórica”.

Con todo pero o traballo de Welling é diferente, sobre todo porque exhibe a faceta menos coñecida do creador, a que fai referencia á súa primeira época, entre os anos 70 e 80. “Esta é unha exposición de arquivo, na que ademais lle pedimos que exhibirá material de documentación desa obra” asegurou Anthony Spira, comisario da exposición e que xustifica a presenza de anotacións e obxectos que foron forografados por Welling hai case dúas décadas.

Nesa intención de amosar a xénese do traballo de quen hoxe é unha referencia fundamental no eido da fotografía, “The mind on Fire” exhibe algúns dos traballos seus tarballos iniciais, froito da experimentación. Pódense ver así as imaxes polaroid que meteu no forno para conseguir cores máis brillantes, ou as fotografías que tomou con caixas de zapatos.

Universo culturagalega.gal

15/11/2011

Un camiño estético

Jeff Wall exhibe no CGAC a sua concepción pictórica da fotografía

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares