Son breves, non chegan aos quince minutos, difúndense a través de Internet e son o fenómeno da revolución audiovisual na rede. En Galicia hai preto dunha vintena de webseries, a maior parte delas están feitas con medios amateur, con actores do paÃs e acabados para todos os gustos. Damos unha volta pola rede para descubrir que contan as webseries galegas.
As webseries comparten dous denominadores comúns: produtos breves para poder emitir por Internet. “Esta webserie ten varias cousas de particular, en primeiro lugar, a súa duración porque agora que estamos todos nas redes sociais, que temos boas conexións a Internet, os capÃtulos teñen que ter outra cousa, que hai que ao gran, nada pode ser gratuÃto e ten que estar o máis condensado posible” Asà o cre Bruno Nieto, un novÃsimo realizador que está xa pola súa cuarta webserie. Creou a primeira en 2007, chamábase Nada é o que parece e recoñece ser unha “copia mala da serie Motivos persoais” á que logo seguirÃan tres proxectos novos. Israel Nava, outro realizador de webseries considera que o este formato “non ten lÃmites á hora de escribir o guión: se hai algo que queiras contar, fas un novo capÃtulo. Además este formato fomenta a imaxinación, unha nova maneira de producir e chega directamente ao espectador a través de internet”. E iso sábeo ben el xa que el e Déborah, a outra creadora da serie, viven a mil quilómetros de distancia e preparan a través da rede todos os capÃtulos que logo gravan cando veñen a Galicia. “É unha webserie cociñada sen presas” asegura. Con todo, nos últimos tempos ao lado de iniciativas afeccionadas hai proxectos profesionais moi interesantes.
A ficción manda
A maior parte de webseries que están operativas agora son de ficción. Polo seu número de visitas e seguidores (4.000 visitas á semana) destaca Non saÃmos do lixo, un proxecto feito con actores afeccionados, nos ratos libres e con tecnoloxÃa “electrodoméstica”. É unha parodia que abordaba con retranca os tópicos sobre a nosa identidade a normalización do idioma e a cultura.
Nesa mesma liña de humor e parodia estáGran Compare, unha webserie que toma a forma dun reality show no que seis concursantes competirán por converterese no vindeiro director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Seis capÃtulos na primeira temporada que acaba de rematar cunha gala que parodia este coñecido formato da televisión.
Os catro proxectos que Bruno Nieto asumiu desde 2007 no mundo da webseries servÃronlle de rodaxe no sector. De“Oculta identidade”, lembra que foi un proxecto de web serie que xurdiu mentres estudaba nunha Escola de Imaxe e Son que contaba a historia de Cristian Pazos, un estudante de Produción de Audiovisuais da Escola de Imaxe e Son da Coruña que desaparece en estrañas circustancias. “En cada serie fun aprendendo pouco a pouco como se fan as cousas” recoñece Nieto que está agora inmerso na súa primeira produción de webserie con orzamento, El quid, e de factura profesional. “Son 8.000 euros para compra de material e produción porque ninguén do equipo técnico e artÃstico cobra”. Este proxecto conta con Antonio Mourelos, Camila Bossa, Monti Castiñeiras entre o seu elenco. “O elenco artÃstico e ter guión son as cousas” que marcan a diferenza con respecto a proxectos anteriores.
Este último traballo de Nieto abandona o campo do amateur e evidencia esa doble face das producións de webseries: traballos afeccionados compartindo espazo con traballos de gran calidade, feitos por profesionais pero con orzamentos que distan bastante dos que manexa unha produción audiovisual seriada convencional. Neste último apartado podemos incluÃr Angélica e Roberta, Entre pipas,Te quiero, pero e Joke Business son as catro finalistas desta edición dos premios Mestre Mateo nesta categorÃa. Son catro producións de ficción (as catro están en castelán) con diferente temática e duración pero dunha gran calidade e iso que cada unha ten a súa propia particularidade.
Joke Business (tamén se pode ler “jo que business”) foi posible do resultado de Débora Vukusic e Israel Nava. Israel confesa que “nunca pensara en facer unha webserie, senón máis ben curtametraxes pero coñecÃn a Déborah e comprobei que eramos os cómplices perfectos para facer algo asi”. Foi asà como xurdiu esta serie que pretende facer autocrÃtica da profesión, “que o audiovisual se rÃa un pouco de si mesmo e, de paso, contar historias e anécdotas que sempre quedan en charlas de bar”. Co referente de Ricky Gervais na cabeza botaron a andar. Un produto de acabado profesional que ten un orzamento aproximado de 200 euros por episodio. É unha cifra simbólica para unha serie audiovisual que fai que fai, na opinión de Israel “que a xente que se anima a participar faino realmente interesada na webserie”.
Pola súa parte, Angélica e Roberta retrata a dúas amigas moi peculiares que, tras pasar a trintena, decide irse de casa de seus pais para emprender a aventura de vivir xuntas. Como asegura no seu propio sitio web é unha “comedia moi freak ambientada no rural galego que abren as portas do seu fogar, con horta e hórreo, un reduto onde aplicar a súa peculiar forma de ver a vida e enfrontarse aos conflitos cotiás con grandes doses de agudeza e enxeño”. Actrices recoñecidas, ata o actor Manuel Manquiña participa na serie poñendo a súa voz no proxecto, participan desta serie con gran calidade.
LuÃs Zahera e Xulio Abonjo son os dous actores galegos que participan en Entre pipas. Unha web serie que está xa pola segunda temporada e que, en capÃtulos breves de menos de cinco minutos de duración falan de historias e temas universais contados mentres se comen unha bolsa de pipas, con moito humor e unha suxestiva banda sonora.
A última finalista dos premios Mestre Mateo é Te quiero, pero. Unha comedia formada por oito capÃtulos (dez minutos de duración) que conta as aventuras e desventuras dun grupo de amigos que rondan os trinta anos e non queren nin saber o que significa a palabra “adulto”.
Corruptela unha serie sobre a corrupción en concellos galegos, Para mariñeiros nos, unha webserie rodada en 2009 en Corme (e en galego) son outros exemplos de traballo de ficción. IncluÃr tamén aquà o proxecto Ignoto, unha serie de imaxe real, tradicional ou interactiva e multiplataforma pensada para varios dispositivos (móbil, televisión, ordenadorÂ….)
Da animación ao documental
A medio camiño entre o amateur e o profesional tamén se traballan outro tipo de xéneros. Pode ser o caso de Entre renos e salmo´ns. Tres galegs en Finlandia. No que tres estudantes de Comunicación Audiovisual, Nuria, Raquel e Diana deciden probar sorte noutro pais e nos conta a súa experiencia a través dunha miniserie documental e de entretemento.
Son varias as producións de animación, pero son traballos sinxelos sen grandes complicacións. Dunha banda está Kalekoi que se serie autodefine no web como unha “serie animación e ficción do pobo celta que vive na Galicia ao longo do tempo vivindo infinitas aventuras e lendas históricas”. Da outra, Un sitio distinto unha serie de animación dunha vila chamada Miñando na que “o alcalde non quere ser alcalde e conta cuns divertidos veciños”.
No ámbito do documental mención á parte merecen dous traballos de Axena, unha asociación naturalista de carácter multidisciplinar, que usa a tecnoloxÃa para estudar e observar a natureza dun xeito respetuoso co medio. Entre os seus proxectos destaca Fauna 43-37, unha webserie que compilará material sobre a fauna ibérica, capaz de amosar a riqueza e a variedade ambiental da penÃnsula. Pero tamén Mar por dentro, a serie que Axena realizou en colaboración con CapÃtulo 0 e que comezaron a realizar en 2009. Foi daquela cando pretendÃan amosar as especies mariñas que estamos afeitos a ver no prato, como era a súa vida normal no mar.
Xurxo Gago, de Axena, explica que “o formato webserie é fabuloso, pode enganchar ó espectador e ser un tren no que podes volcar un montón de contidos que nunca para. Coma contra o gran problema é manter unha periodicidade necesaria, e iso soe ser limitante dados os escasos recursos humáns cos que contamos”. Os medios foron bastante escasos, alén dos equipos pesoais, desde a asociación Axena “mercáronse cámaras subacuáticas e material de submarinismo” o que supuxo un investimento reducido. Sobre todo tendo en conta unha serie deste tipo, xa que ó máis necesario, como explica Gago, era “o coñecemento do mar que quedaba bastante coberto dada a experiencia dos participantes, puidendo gravar sen botella a menos de 50 m da costa e entre 0-8 m de profundidade infinidade número de especies e de comportamentos abraiantes”.
Malia que Gago cualificou a experiencia como “fantástica”, a dispersión dos participantes do equipo o que provocou a parada das rodaxes. Con todo, quedan na retina “a observación de pulpos durmindo a sesta mentras os caramuxos da area lles limpan o seu laño (cova dos pulpos) ou nubes mariñas de zooplankton enormes que seguen as luces das lanternas e non che deixan ver nada (provocado polo fenómeno de afloramento nas rÃas e que é a base da súa riqueza) ata case quedar atrapado en tramallos ilegais se non fora pola axuda dun compañeiro”.
A maior parte destes traballos pódense seguir na plataforma Petitsodios, que agrupa todos os capÃtulos das webseries galegas.