Un pleno extraordinario no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura de Vigo será a homenaxe que a Real Academia Galega lle prestará mañá ao seu antigo presidente Franciso Fernández del Riego, a coincidir cos cen anos do seu nacemento. O evento, que comezará as 12 e media da mañá do sábado 23, contará con intervencións de Ramón Lorenzo, Xosé Ramón Barreiro, Xesús Alonso Montero, Xosé LuÃs Axeitos e mais Malores Villaverde, que lerá un texto de Del Riego e mais un poema de Xaime Illa Couto.