Escritores vascos, galegos e cataláns atoparanse en Pontevedra o vindeiro mes de outubro na XXIX nova edición de Galeusca. Correspóndelle á Asociación de Escritores en Lingua Galega organizar a nova xeira deste encontro, que terá como eixe a literatura infantil e xuvenil. Segundo sinalou o presidente deste colectivo Cesáreo Sánchez Iglesias, a organización do encontro estivo perigo pola ausencia de apoios económicos. En total serán nove os escritores que impartirán diferentes relatorios, e moitos máis os que se achegarán a visitar a Cidade do Lérez.