A sociedade ante a arte

Críticos e artistas analizan a visión que o público ten da arte no contexto actual

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Son algunhas das voces máis autorizadas para falar da arte no contexto actual. Son críticos (Elena Vozmediano, que escribe en El Cultural), docentes (Teresa Vilarós-Soler, profesora de Estudos Hispánicos da Texas A&M University) e artistas (Manuel Figueiras e Miguel Mosquera). A todos eles preguntámoslle como cren que a sociedade ve a arte actual. E as repostas son para todos os gustos.

Tanto Manuel Figueiras como Miguel Mosquera coinciden en que a sociedade percibe que a arte xa non ten valor. “A xente está máis preocupada polo seu traballo, pola súa vida afirma Mosquera. E isto provoca que, en palabras de Elena Vozmediano, “temos o público que nos merecemos”. A coñecida crítica de El Cultural, considera que ese interese da sociedade pola arte non é natural senón construído e os mediadores, que van desde docentes ata críticos, teñen por diante todo un papel de educación e reconstrucción que desenvolver. Nese contexto, condicionado agora polo mercado e os seus conceptos economicistas, a profesora Tereas Vilarós-Soler considera que “hai que contar a arte doutra maneira na que a web e os contornos virtuais teñen moito que dicir”.

A xornada foi organizada pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega o pasado venres 15 de marzo. Entre os retos que alí se plantexaban era o de coñecer cal será o rol que desempeña a arte nese contexto.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte causal

Arte causal

Unha exposición reinterpreta o contexto actual da Sida

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Visuais, Educación, Consello da Cultura Galega