Lugares de ir ao cine

Unha publicación fai un inventario dos cines históricos de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cine
Compartir:
Portada da publicación

Portada da publicación

Entre 1896 a hoxe en Galicia existiron en Galicia preto de 850 locais destinados a exhibición cinematográfica. Pero non todos foros iguais, senón que pasaron por diferentes etapas e serviron de reflexo do inicio, auxe e decadencia do feito cinematográfico. Os edificios son símbolos físicos e agora co peche e desaparición das salas a Fundación Barrié quixo aproveitar para presentar o primeiro inventario deste tipo de edificacións. Cines de Galicia é unha publicación que recolle a evolución desde os tímidos comezos, o esplendor e a acelerada decadencia e desaparición deses espazos dedicados aos soños e ilusións que conta o cine.

Cine Fraga. Vigo
1/5
Cine Galaxias. Cangas. Fondo Jose Luis Cabo
2/5
Cinema Radio Vigo. Fondo Jose Luis Cabo
3/5
Fachada cine París (A Coruña). Fondo Jose Luis Cabo
4/5
Lugares para soñar
5/5

Inicialmente a exhibición de cinema comezou en locais prestados do circo ou do teatro. Pouco a pouco foron tendo locais propios ata que nos anos corenta viviron a súa época de máximo esplendor. Durante moito tempo José Luis Cabo foi compilando material que agora, anos despois do seu pasamento e coa coordinación editorial de Jesús Ángel Sánchez sae á luz. O resultado, que se pode ver en Galicia exhibe 848 edificacións, na maior parte desaparecidas que documentan como foron os espazos dos noso lecer.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Derradeira sesión

Derradeira sesión

Manuel Sendón leva á casa da Parra as imaxes sobre os cines que desapareceron

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Fundación Barrié, Teatro

Claves

Entidades
Conceptos