Dentro das actividades para celebrar os 150 anos de Cantares Gallegos o Consello da Cultura Galega e mais a ConsellarÃa de Cultura presentaban esta mañá a actividade No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a RosalÃa. O proxecto reunirá 400 nenos e nenas na praza da Quintana o vindeiro 7 de xuño para cantar en coro catro poemas musicados de RosalÃa de Castro. Maio Longo,Rosa de abril, En Cornes e Negra Sombra serán os temas que soarán, e os interesados en participar teñen dispoñibles as partituras no web do Consello da Cultura. Para o proxecto contarase co alumnado de conservatorios, escolas de música e coros infantÃs de toda Galicia.
Partituras de No bico un cantar no web do Consello da Cultura.