Guimarães e Braga acollen dúas exposicións sobre o libro galego

Un gran descubrimento

| | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:

Co título "O libro galego. Un gran descubrimento" unhas dúas mil publicacións se exhiben dende onte e ata o 12 de xaneiro nas localidades portuguesas de Braga e Guimarães. Unha mostra que no futuro servirá para formar parte dunha sección permanente de galego nos centros bibliotecarios destas dúas localidades.

O porqué da exposición


As mostras foron inauguradas polo Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, quen destacou o traballo, a creatividade e o esforzo da literatura e da edición galega que se achega ata Portugal. Ámbalas dúas exposicións son consecuencia do encontro “A Literatura Galega e do Norte de Portugal: O Libro e a lectura”, celebrado en Compostela o pasado mes de outubro (do 25 ó 28), onde acordaron un maior intercambio de ideas e dará azo a outras accións culturais de un e outro lado.



Obras literarias


Un total de 2.000 obras conforman a exhibición que se albergará na Biblioteca Pública de Braga e na Biblioteca Municipal de Raul Brandao de Guimarães. Uns volumes que abranguen tódolos xéneros, dende a narrativa á poesía editados, na súa maioría pola Xunta de Galicia. Cando remate a exposición, o 12 de xaneiro, os libros pasarán a formar parte dos fondos das bibliotecas e a Xunta de Galicia encargarase de renovar os fondos dunha sección exclusivamente adicada ó libro galego.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Braga, Exposicións, Literatura, Xesús Pérez Varela...