
“Eu relaciónome moito con xente que non pertence ao mundo da arte” asumÃa o propio artista na visita guiada pola súa exposición. Unha aseveración que se aprecia nesa forma de achegarse aos obxectos, de manipulalos, de reconstruilos como unha forma de coñecemento dese contexto moi particuar. “É un manifesto de como facer arte dun xeito diferente” asumÃa Miguel von Hafe, director do CGAC nesa presentación, na que explicitou algunhas das claves para entender a obra do creador portugués. “Fala dos paradigmas da modernidade, do espazo e da tecnoloxÃa e de cómo inflúe nas nosas vidas” apuntou.
Hai en toda a obra de Palma, tal e como se pode apreciar na exposición do CGAC, un interese pola sociedade, polo medio, pola contorna na que nos toca vivir. Unha das súas instalacións, elaboradas no marco da Bienal de Liverpool (que está situada na sala de entrada do espazo) consistiu en crear unha especie de sistema de ventilación na que as partÃculas e impurezas do aire da cidade se instalasen nunha especie de lenzo, construido a modo de filtro no marco duns colectores situado en diferentes puntos da cidade.
A ironÃa que recolle o seu espazo, os procesos de traballo son constantes na obra dun artista que manifesta “o seu desexo de comprender os meus lÃmites e pensar na arte como un lugar no que estou inscrito”.
A propósito do desconforto



