Os editores e medios impresos galegos confÃan no futuro do dixital pero apoiados nos negocios en papel. Esta poderÃa ser unha das conclusións da xornada “Cultura impresa na rede: gratis total?”, que organizou o Consello da Cultura Galega baixo a coordinación de Francisco Campos, VÃctor F. Freixanes e Manuel Goyanes. Na xornada participaron destacados expertos no ámbito do negocio dixital, dos medios de comunicación galegos e do mundo da edición.
Non existe un modelo único de transición cara o futuro dixital. Asà se revela das posicións mantidas polos diferentes representantes de editoras e medios de comunicación reunidos no CCG. AÃnda asÃ, a transición cara o modelo dixital é incipiente. “Dos 1500 tÃtulos que temos en catálogo”, asegurou Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, “só 15 están dispoñibles en electrónico”. Bragado salientou que Xerais está facendo un especial esforzo na edición de referencia: “temos algún manual que xa está 100% editado en web”, pero tamén nos servizos derivados dos contidos editoriais. Neste sentido, o editor de Xerais avanzou a creación dun portal lexicográfico baixo un sistema de subscrición. Servizos, xa que logo, máis que literatura. Freixanes anunciou que antes das Letras Galegas disporase a edición da plataforma Galaxia Dixital, que concentrarÃa a oferta editorial da emblemática empresa viguesa no ámbito electrónico.
O editor Juan Triviño, especialista en publicacións dixitais, enfiou unha crÃtica sobre como as editoriais afrontaron os inicios do negocio dixital e sobre como este está cambiando. Triviño considerou que os tres grandes problemas da industria editorial foron “menospreciar o novo formato, negar a realidade e pensar que non se vendÃa libro dixital e copiar os modelos de negocio do libro impreso”. Para Treviño, as editoras deberan cambiar en varios aspectos para afrontar o futuro do libro electrónico: “deben perder o medo á piraterÃa e hai que cambair desde os procesos de produción e de selección de contidos ata o investimento medio ou a xestión dos dereitos”.
A ollada desde os medios
Tomás GarcÃa Morán, de La Voz de Galicia, sinalou que “é mentira que Internet non dea diñeiro”, pero considerou que ten que haber un oco para a audiencia que non quere pagar. Ademáis, GarcÃa sinalou que “os xornalistas perdimos a exclusiva na distribución da información e temos que ofrecer unha serie de cousas que nos diferencien”.
Os representantes de El Correo Gallego, Xabier Cea, e El Progreso, Juan Méndez, coincidiron os dous en que a publicidade en Internet estaba medrando, e que parte da clave do financiamento estaba na chegada aos pequenos anunciantes e nas solucións de micropagamento que farÃan viables as subscricións.