Jacobo Sutil é novo director de Agadic

O seu antecesor, Juan Carlos Fernández Fasero, cesou hai cinco meses

Tras moitas incógnitas o Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento do novo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Despois de cinco meses co posto vacante, o substituto de Fernández Fasero é Jacobo Sutil. Licenciado en Ciencias Empresariais, Sutil ten desenvolvido a maior parte da súa carreira profesional no sector da construción en postos directivos.

No sitio web da Agadic, o novo director da axencia é "licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, na rama de Fontes de Financiamento e realizou o MBA da Escola de Negocios Caixanova e co Máster en Dirección Financieira e Control de Xestión de CESMA Business School". Ademais, explica que "Sutil Nesta desenvolveu a súa carreira profesional en diferentes postos de responsabilidade, no eido da xestión orzamentaria, finanzas, negociación e desenvolvemento de novos produtos".