Que non falten ideas para a gaita

Folkoteka galega achega un repositorio colaborativo de partituras tradicionais

Partitura en XML de <i>Folkoteka Galega</i>
Partitura en XML de Folkoteka Galega
¿Acabóuseche o repertorio de pezas no medio da festa? Non te preocupar. O web Folkoteka galega achega á rede un amplo catálogo de partituras tradicionais. Este proxecto colaborativo permite descargar as pezas en PDF ou en formato MusicXml, pensado para traballar con elas mediante programas informáticos específicos. Os interesados poden acceder a danzas, alalás, foliadas, mazurcas ou pasodobles, e realizar ao tempo as súas propias achegas. Non saber máis pezas xa non é excusa para parar.

Folkoteka galega.
Danza das Zocas da Folkoteka.