Logo das celebracións que encheron o noso paÃs no DÃa de RosalÃa (24 de febreiro) as principais institucións culturais galegas anunciaron hoxe a súa programación conxunta polos 150 anos da edición de Cantares Gallegos. A ConsellerÃa de Cultura e Educación, a SecretarÃa Xeral de Medios, a Fundación RosalÃa de Castro, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a CompañÃa da Radiotelevisión de Galicia participan dun amplo programa que inclúe eventos como a exposición No principio foi o verso. O cantar dos Cantares, un espectáculo de danza a cargo do Centro Coreográfico e a xira da obra Os cantares das musas de Sarabela Teatro comporán a parte escénicas das homenaxes. Ademais, un certame escolar, programas na TVG, un ciclo de cinema no CGAI ou unha acción musical na cidade da Cultura completan as propostas arredor da poeta.
Dosier da programación institucional sobre os 150 anos de Cantares Gallegos.