O concello de Rianxo organiza o para o vindeiro sábado 9 de marzo unha cita poética moi singular. Trátase do I Certame Galego de PoesÃa Erótica Recitada á que se poden apuntar os interesados ese mesmo dÃa, na media hora anterior ao recitado. O xurado estará conformado por sete persoas do público, elexidas de xeito aleatorio, máis catro profesionais do eido literario. Entre os presentdos escolleranse cinco finalistas (que recibirá un agasallo) e un gañador, cuxo premio é a edición dun video poema co texto gañador. O recitado contará cunha intervención plástica erótica a cargo da artista Maria Piensos e unha actuación musical de Naila Shami.