Birimbao presenta Nena do mare

O disco mestura a tradición galega con sons do folk celta

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Nena do Mare

Capa de Nena do Mare

Catro anos despois da súa primeira gravación, os coruñeses Birimbao acaban de presentar Nena do mare. O disco presenta oito temas nos que se mesturan as melodías tradicionais con temas de composición propia, apostando por un son no que se deixan sentir as influencias do fok celta. A voz de Mabell Castro acompaña seis dos temas do disco, que están dispoñibles baixo licenza Creative Commons. O traballo, autoeditado, gravouse nos estudios Paz & Records. Birimbao está formado por Pepe Mato, Chema Lorenzo, Manolo Gesto, Manuel Caridad, Mabell Castro e Alberto Camba.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celta, Folk, Creative Commons

Claves

Entidades