Atlántica comeza esta mesma tarde de martes cunha conferencia de Manuel Rivas no Consello da Cultura Galega sobre a literatura e o Atlántico (entrada de balde e libre) ás 19 h. E a partir de aÃ, un amplo elenco de profesionais da narración oral de Galicia e doutros paÃses das ribeiras atlánticas que ata o 16 de marzo convertirán a Compostela na capital da narración oral. O obxectivo: demostrar a potencialidade deste tipo de espectáculos e o acervo cultural común do Atlántico.
A directora do Festival, Soledad Felloza, unha actriz e contacontos, de ampla traxectoria sobre os escenarios decatouse un dÃa de que en boa parte dos festivais de contacontos do Estado e de América Latina, os programadores sempre procuraban contar con narradores galegos dentro da programación. "É curioso, porque fóra de Galicia recoñecÃan aos galegos como uns grandes narradores con cousas en común". Cando ela mesma veu vivir a Galicia, decatouse de que detrás destes narradores estaba un importante sustrato cultural que fornecÃa as historias e o xeito de contalas. Asà naceu Atlántica.
"Queriamos amosar que existÃan importantes vÃnculos entre as historias contadas no Atlántico, conducidas e trasladadas dun paÃs a outro ao longo de anos de Historia, desde o norte de Europa ata as Américas, con Galicia como eixo central", sinalou Felloza. En colaboración co Pub Atlántico, un veterano local na promoción dos contacontos, que cumprÃa 25 anos, decidiron organizar un gran festival que fose unha "celebración" das culturas, o imaxinario e a tradición oral atlántica.
Deste xeito, mesas redondas, conferencias, espectáculos e obradoiros introducen aos participantes no universo de historias. Por primeira vez reúnese un elenco de máis de quince narradores galegos acompañados por ingleses, arxentinos, uruguaios, brasileiros e portugueses. Os narradores repártense pola noite compostelana, a través dos diferentes locais participantes.
Prezos asequibles
Un aspecto importante do Festival é que o seu financiamento é esclusivamente privado, a partir de patrocinios, do gasto en taquilla e doutras vÃas de financiamento. As institucións unicamente ceden espazos para determinados eventos, como as conferencais ou debates, ou mesmo as galas (para as que se contan co Teatro principal ou o Salón Teatro".
"Sen embargo, queriamos conseguir que este sexa un Festival que cree público, que cree canteira", asegura Felloza. Os prezos dos espectáculos en bares son de cinco euros, pero poden baixar a catro se se adquiren abonos desconto. Os prezos das galas -nas que participan todos os contadores- son de 8 euros, asà como as que se celebran no Abastos 2.0, onde o contador de historias compleméntase cun petisco gastronómico.
A aposta pola formación e o debate
Canda os espectáculos para adultos, o Festival dispón dunha ampla programación para escolas, público infantil e mesmo para bebés, que se complementan con obradoiros para educadores destinados a aprender a contar historias. As mesas redondas, sobre imaxinario atlántico, programación cultural e literatura atlántica, son tamén un dos elementos destacados.