Niño y Pistola presentan There's a Man with a Gun Over There

Trátase dun disco conceptual de folk rock con influencias dos anos 60 e 70

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
There's a man with a gun over there

There's a man with a gun over there

As bandas de folk rock americanas dos anos 60 e 70 inspiran o son de Niño y Pistola en There's a Man with a Gun Over There, o seu cuarto traballo discográfico. Trátase dunha obra conceptual na que narran a historia dun xornaleiro americano que nos anos 50 decide matar o seu xefe e vai á prisión polo seu delito e a súa situación cando sae da cadea. O disco, aínda que conta con dez temas, está pensado como dúas suites de 19 minutos cada unha (Cara A e Cara B) que se escoitan sen interrupcións. A gravación realizouse nos estudios composteláns A Ponte, de Tomás Ageitos, e pode escoitarse íntegro en plataformas como Soundcloud, mentrs o CD chega hoxe ás tendas.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Rock

Claves

Conceptos