A primeira edición do Premio de PoesÃa Manuel Lueiro Rey foi para Silvia Penas. O xurado escolleu o pasado sábado o seu poemario As uñas crecen "por considerar que propón un discurso de fondo cuestionamento do eu lÃrico radicado nunha coordenada espazo-temporal ben próxima e identificable, onde a función social da escrita e as vivencias e pulsións sentimentais da voz poética se complementan acaidamente". Penas levará un premio e 2.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada na editorial Sotelo Blanco. O xurado outorgoulle un accésit ao poemario Sobol, que se presentou baixo o lema Difraccións, recomendando tamén a súa publicación.
De xeito paralelo, o Concello de Lugo outorgáballe ás escritoras Marica e Tareixa Campo o premio Entre Mulleres, que outorga anualmente con ocasión da celebración do 8 de marzo.
De xeito paralelo, o Concello de Lugo outorgáballe ás escritoras Marica e Tareixa Campo o premio Entre Mulleres, que outorga anualmente con ocasión da celebración do 8 de marzo.