Escribir un libro enteiro polo seguido, retransmitindo ademais o proceso vÃa webcam ao vivo. Este é o reto ao que se enfrontou Quico Cadaval o pasado dÃa 27 de febreiro no Compostelán Café Bar O 13. O resultado, 22 romances incompletos verá a luz as vindeiras semanas no marco da colección O lapis do taberneiro, que impulsa este mesmo local.
Un bar cheo, co ruÃdo das máquinas do café, das bandexas e das conversas alleas pode non semellar o espazo máis axeitado para facer un libro. E se ademais a escrita transcorre baixo a atenta ollada dunha webcam que amosa cada momento do proceso vÃa Youtube, a situación non semella do máis cómodo. No entanto, asà botou o dÃa Quico Cadaval o pasado 27 de febreiro, na mesa do fondo do Bar o 13, en Compostela. O proxecto, 22 romances incompletos, é dicir, os comezos doutras tantas novelas, foi xurdindo aos poucos ante os ollos dos espectadores. Todo baixo a atenta ollada de Carlos Santiago, promotor da iniciativa e responsable da súa difusión na rede. Nós fomos visitalos.
Concepto
Encol da aposta polos romances inconclusos como forma do libro, sinala que “un pouco trátase de demostrar que unha cousa comeza en calquera momento. Rematar non é tan sinxelo, para iso hai que ter moito máis oficio literario do que para comezar. Podes contar o pensa un tÃo cando o van fusilar, a frase inocua que di alguén cando chega alguén a unha reunión sen saber de que estaban falando. Ou contar a dieta ou os hábitos dun fulano, que é como empeza o Quixote”. Canda a isto, a aposta pola emisión do propio proceso de escrita xurdiu xa desde o comezo como parte do proxecto. “O único sentido disto é retransmitilo ao vivo. Este acto demostra que para escribir hai que escribir, non hai mÃstica referida a agardar a inspiración, só se escribe o que está escrito. Escribir non ten nada que ver con pensar, esa vai ser a cabeceira da obra”.
Preparación
Segundo recoñecÃa o afamado dramaturgo, os textos non xurdiron da nada “Desde que definimos este proxecto calquera cousa que me pasa e que vexo paréceme o arranque de calquera romance”. Para abordar o proxecto, Cadaval equipouse axeitadamente.Dous bolÃgrafos (que finalmente se revelaron insuficientes), lentes de reposto, un caderno para tomar notas (cunha cita do Bartleby de Melville) e outro destinado directamente á escrita. Quince horas previstas de traballo, con pausas para cafés, refrixerios, conversas e visitas ao baño foron a xornada completa do autor. O propio acto de escribir durante tan longo tempo supón un certo desgaste fÃsico, que o autor tentou paliar con antiinflamatorios. “A man non é problema, o problema é a cabeza”, sinalaba Cadaval na mañá do evento, un arranque el mesmo recoñeceu foi do máis difÃcil da xornada.
A colección
A acción de escrita de Cadaval enmárcase na colección O Lapis do Taberneiro, un proxecto que desde 2009 vai editando obras cun máximo de 96 páxinas e elaboradas sempre no propio local. Logo de Carlos Santiago, que abriu o selo, Raquel Miragaia, Carlos Meixide, Marga Alborés e Séchu Sende editaron obras no seo deste proxecto, pero ata o momento ninguén apostar por crear ao vivo o seu libro. Promovida desde O 13 e co apoio das editoras Danúm nos primeiros números e Edizer a partir do terceiro, a iniciativa reivindica o reencontro entre literatura e taberna baixo a coordinación do propio Carlos Santiago.
Exhibicionismo artÃstico
Non é a primeira vez que Cadaval se exhibe deste xeito. Para alén do seu traballo como actor e contacontos, xa realizou en varias ocasións a performance Conversatorio, na cal sitúas nun escaparate e conversa con calquera que o queira facer en sesións de nove minutos. Con certeza esa habÃa de ser unha mellor ocasión de lle falar con el do que no medio da súa última proposta, onde o actor apenas deixaba ocos para a conversa entre notas e escrita, consciente de todo o traballo que supón crear un libro este ritmo e desde o directo.
Interaccións
O proxecto completouse coa interacción cos espectadores, vÃa Internet, que Carlos Santiago recoñeceu como “moi boa”. Os seguidores do evento propuxeron tÃtulos, comentaron as xogadas e difundiron á súa vez a iniciativa. Tamén habÃa conexións coa xente do bar. AÃnda que durante boa parte do dÃa a maior parte da concorrencia tomaba os seus cafés e consumicións ignorando polo xeral o labor creativo que se desenvolvÃa ao fondo do local e mais da webcam que recollÃa toda a actividade, tamén houbo quen, coma nós, se achegou a saudar e conversar co autor, entre eles o xornalista Camilo Franco, tamén tentando entrevistar un creador en pleno proceso, ou o actor Victor Mosqueira, entre outros. Non é de estrañar que o propio ambiente do bar se introducise no texto. “É moi probable que o bar se introduza na obra. É quen pon a pasta, e seguramente haxa aquà un encontro entre un espÃaÂ… a, o romance número catro”… e Cadaval comezaba a bosquexar un novo texto na mañá. Encol de se traballar en público é unha vantaxe ou un problema, o autor evitou pronunciarse. “Non podemos sabelo porque non estamos a facelo ao tempo noutro lugar. TerÃa que o facer ao tempo illado, e iso é bastante complicado”. Malia ás interrupcións e comentarios, na maior parte do dÃa, segundo nos amosou a retransmisión, Cadaval traballou en relativa soidade ao longo da xornada. SeguÃndoo ao vivo, non deixaba de resultar curioso o relativo illamento do autor do seu contorno inmediato ao tempo que estaba continuamente exposto á audiencia global. A ruptura do polo común acto Ãntimo de escribir levándoo ao público, completaba o estraño do evento.
Estilos
O autor sinalaba con retranca que “tendo a facer novela romántica, pero non sae ningunha” e descartou o emprego de xéneros como a ciencia ficción ou o western no seu traballo. AÃnda que, nunha das súas espontáneas disertacións, recoñeceunos que “a novela negra ten moito que ver comigo, porque tenta atoutiñar o lector cunha chea de información innecesaria para dificultarlle ver o asunto. Unha novela negra é un conto irlandés mal contado, onde se incomoda e se desafÃa a intelixencia do lector. Un conto irlandés son eses relatos xeniais que comezan dicindo que alguén saÃu da casa e rematan dicindo que ao final morreu, queda todo claro. Unha novela negra serÃa o Edipo de Sófocles, e un conto irlandés contarÃa a historia de Edipo desde que nace ata o acontecemento máis importante da súa vida, que é cando se cega”. E continúa.
Resumo
Segundo resumÃa Carlos Santiago vÃa Facebook a piques de rematar o evento, “Facer a crónica deste dÃa esixe amputar no mÃnimo todos os verbos. Unha taberna, un gato, uns funcionarios da xunta, varios xornalistas. Un taberneiro editor. Nove cafés, cinco cañas, dous chupiños de whiskey, varios de licor café from Ribadavia, augas, aspirinas, bocatas. Catro bolÃgrafos ou canetas, cinco computadores, tres cámaras de vÃdeo e outras tantas de fotografÃa. Tres cadernos de notas. Un romance de Cyrano de Bergerac sobre os selenitas. Unha morea de amigos e amigas. Dous tipos do Opus. Un actor supernominado. Escritores, artistas plásticos, dúas enfermeiras. O noso cava. Ah si, as redes sociais, como non. FerrÃn, o Consello da Cultura Galega, La Voz, a TVG. Brasil, Portugal, HungrÃa, Polonia, Bruxelas, Barcelona, Lampai... as cabras suicidas de Coirós. Os cadros de Pancho. Lapeña. O tÃpico extintor. O Blue Shark e a OurensÃada dos alumnos da Escola de Audiovisual de Ou. Unha pica que volveu de Flandes. O Carbonell. A Raskolnikova. O Camané e os biorritmos desastrados, o jazz entre amigos, a radio kalimera. O coro Cutún. Ana Talleres e as contas ilegais do FB. 16 horas de grabación”.
Final
E, certamente, aÃnda que a proposta contaba con se prolongar durante quince horas, estas finalmente reveláronse insuficientes. Contaban acabar ás 2 da mañá, pero finalmente a experiencia prolongouse ata moi avanzadas as catro da madrugada. Entre comentarios sobre a actualidade e o panorama da prensa galega, co cansazo a afectar evidentemente aos participantes, o autor, canda a Carlos Santiago e José Silva, responsable do Café Bar o 13, puña punto e final aos seus romances, recoñecendo, no entanto, que algunha historia lle quedaba para contar “xa na casa”.
Edición e romances completos
Logo de rematado o proxecto, Cadaval non pretende continuar coa escrita. “o que faltará será completar os 22 romances, con iso dareime por satisfeito, é o soño da miña vida e tal”. “Penso que non teño posibilidades de ter unha exitosa carreira literaria. Eu agora só aspiro a ter moito diñeiro, pero co menor éxito posible, e non sei como se fai. Para a carreira literaria non teño idade. Hai que dedicarse a iso, e eu teño moito máis que facer, non podo andar escribindo libros e menos pensando se van ser un éxito ou non”. Os asistentes á presentación da obra, aÃnda sen data, terán a posibilidade de que o autor lles complete, manuscrito no propio libro, aquel dos 22 romances incompletos que prefiran. “O libro vai ficar perfectamente concluso, os romances son inconclusos. Logo o que nos leve editar e mandar para imprenta, contamos con acabar en dúas ou tres semanas”, sinala Carlos Santiago, responsable da edición. Veremos entón o resultado desta xornada.