
Teatro de actor, danza, música, a videocreación e moita, moita experimentación. Con estes ingredientes Diego Anigo empezou hai uns meses a deseñar un espectáculo que tomaba como base a personaxe de Symon Pédicri. “É o último descendente dunha saga que se dedicaba á selección de garantÃa da pureza das razas equinas durante principios de século, cando cientÃficos, biólogos e veterinarios empezaron a empregar esas teorÃas de selección da raza no home que se veu truncada pola Segunda Guerra Mundial” explica. Partindo desta personaxe, decide dar un paso e crear un novo ser. “Trátase dun ser perfecto que non teña a problemática, emocional, fÃsica e mental do ser humano” e, asÃ, afonda na relación do actor co tÃtere. “O actor desexa ser perfecto en escena e iso sempre é un fracaso pero o tÃtere é todo o contrario, é todo presente, non te que presentarse. Non dubida, non pensa, sempre é directo, sempre é el. Esta confrontación trouxémola ao meu caso e coas miñas emocións persoais que sempre acaba no fracaso”.
O proceso
A montaxe non estará completamente rematada ata outubro, que será cando se estree en Barcelona a súa proposta. Pero antes, hai todo un proceso de traballo no que hai moitas entidades implicadas. O CDG porque foi na súa sede onde se desenvolveu unha residencia que culminou este sábado cunha presentación ao público do proxecto. Iberescena, entidades que lle concedeu unha axuda para producir o espectáculo e polo que estivo en Sudamérica. Pero sobre todo co Festival Alt xa que Symon PédÃcrà é o resultado dunha proposta nova, ALT Procrea.