A relación entre o home e as Terras do Miño convértese na primeira Reserva da Biosfera de Galicia

O ferreiro con título

O mazo da Ferrería de Santa Comba (Lugo) volverá xirar a vindeira primavera. E será a forza do Miño a que volverá a activar a ferrería sita nas arredores da localidade de Nadela, ademais dun alto e parada no “Camiño do Miño” que se proxecta facer seguindo o seu leito. Pero o espertar da ferrería responde a un proxecto máis amplo que a Unesco cualificou o pasado 7 de novembro como “Reserva da biosfera” e que ten tres eixes de actuación ó redor das augas do Miño: o home, o medio ambiente e o patrimonio cultural.

As terras altas do Miño son “Reserva da biosfera”. E o “título” en cuestión simboliza a relación dos lucenses co seu medio. Pero dicir isto é quedarse corto, trátase dun certificado que acredita a existencia dun patrimonio cultural relacionado cun entorno xeográfico e natural, sobre o que deben realizan actividades de protección. A recuperación da ferrería é un exemplo das actividades que se están a desenvolver desde o pasado 7 de novembro, cando a Unesco denominou á Terra do Miño Reserva da Biosfera




¿Que é ser Reserva da Biosfera?


O marco estatutario do programa do Home e a Biosfera (MAB) da Unesco establece que as zonas denominadas “Reservas da Biosfera” han de cumprir tres funcións. En primeiro lugar conservación (contribuír á conservación dos paisaxes, ecosistemas, especies e variación xenética), en segundo lugar desenvolvemento (fomentar un desenvolvemento económico e humano sostible desde os puntos de vista sociocultural e ecolóxico); e, por último, apoio loxístico (que inclúe proxectos de demostración, educación, capacitación sobre o medio e de investigación con cuestións locais, rexionais, nacionais e mundiais de conservación e desenvolvemento sostible).



E seguindo estes parámetros o Instituto Lucense de Desarrollo (Inludes) presentou unha candidatura que foi aprobada o pasado novembro. Unha maquinaria que se comezou a engraxar no 1997, cando a partires dos fondos europeos do plano Proder-Miño comezaron a desenvolverse proxectos que tiñan ó río como marco e eixo fundamental das súas actuacións. Pero con esto asegurábanse dous dos piares que marca a distinción; o do medio ambiente tiña outro punto de partida: O programa Life. Un proxecto centrado na recuperación de ecosistemas e especies. Todo isto, xunto coa visita a outras reservas para estudiar o modelo, que finalmente foi presentado e aprobado perante a Unesco.



A Unesco aporta unicamente a distinción, o título, o aval de que privilexia o uso dos recursos naturais nas áreas protexidas e o nivel de información para solucionar os seus problemas. Pero a reserva permanece baixo a xurisdicción do Estado no que se sitúa, e precisa dun organismo para a súa xestión. Neste caso o Inlude é o encargado de poñer a andar os proxectos e planes que figuran no informe no que se baseou a mesa do Consello de Coordinación do proxecto MAB da Unesco. E para facelo precisan cartos, que se financiará a través dos programas europeos (a UE concedeu o programa Leader Plus ata o 2008), aínda que tamén se buscará implicar a iniciativa privada.



Principios pasivos: as características da Reserva do Miño

Coa distinción de Lugo, ascende a 459 o número de Reservas da Biosfera que existe en todo o mundo, e que acreditan unha colección representativa dos ecosistemas dos medios nos que se estenden. Na reserva “As terras do Miño” atópase o macizo do Xistral, un conxunto montañoso que conta cunha superficie de 20.000 hectáreas, nel danse dous tipos de turbeiras (humidais que reteñen de forma permanente un alto contido de auga) declaradas hábitats prioritarios pola UE, que conviven con especies animais endémica, aves rapaces, lobos, zorros, xabarís e unha importante cabana de cabalos.


Tamén engloba os humidais da Terra Chá, na zona central da Reserva, que está formado por un vasto complexo húmido de lagoas, illas e bosques aluviais que albergan en torno a unhas 1.500 aves acuáticas durante o período invernal.
E o máis difícil de conseguir, e tamén unhas das facetas máis interesantes, era recuperar todas as tradicións que plasmaban un forte vencello entre o home o río. Un informe que o Inlude encargou á asociación María Castaña, que emitiu un informe que recolle desde as artes tradicionais da pesca (o rédote, o trasmallo, a chumbeira e o ratel), os sons do río (un estudio sonoro que inclúe a recompilación de pezas de música tradicionais así como os propios sons que xeraba o río en determinados lugares). Segundo o presidente da asociación, Isidoro Rodríguez, o informe ten dúas partes, "a primeira é un estudio xeral da auga e dos ríos, e a segunda parte é un estudio da industria ó redor do río unha catalogación das industrias e dos enseres ó redor do río". Un traballo de dous anos de investigación que deu lugar a un mapa etnográfico da Reserva que elaboraría a Universidade de Santiago





Principios activos: proxectos a desenvolver


A Unesco revisará dentro de dez anos, se os proxectos e os planes que ofrecía a candidatura do Inlude se chegaron a conseguir. Entre a memoria de actividades a realizar aprécianse iniciativas como o “Camiño do Miño” , un roteiro de máis de 100 kms de lonxitude que cruzará a reserva da biosfera e que terá pontes e pasarelas para unir zonas culturais para coñecer o río e as súas posibilidades, ademais dunha ampla oferta lúdica vencellada coa auga. A recuperación da ferrería, que xorde como esa “memoria histórica” dun dos oficios que marcou esa relación do home co medio, é outro exemplo das actividades. Pero hai máis, a apertura de dous centros de interpretación, museos interactivos porque explican o medio desde o propio lugar.