Terbutalina chega con Ritmo Serbio

O novo disco da banda gastropunk está xa íntegro na rede

25/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Ritmo Serbio

Ritmo Serbio é o título do segundo LP de Terbutalina. A banda gastropunk presentaba a pasada semana o seu novo traballo lanzándoo integramente de balde para se ouvir en liña nas máis diversas plataformas e coa posibilidade da súa descarga. Catorce temas enérxicos e breves na liña punk do seu primeiro traballo, nos que a guitarras acadan un maior protagonismo e se detectan uns arranxos máis coidados. O álbum gravouse nos estudios A Ponte de Tomás Axeitos e mesturouse en Estudios Mandelson. O vindeiro 7 de marzo a Sala Capitol acollerá a presentación do traballo, nun concerto no que tamén estarán Familia Caamagno.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Terbutalina, Familia Caamagno, Sala Capitol