Terbutalina lanza Broncodilatador, o seu segundo disco

A compostelá Sala Moon acolle o concerto de presentación o vindeiro 15 de setembro

8/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Unha dose de vinte minutos de gastropunk, esta é a proposta que fai o grupo Terbutalina co seu novo LP Broncodilatador. Con temas como Helipuerto, Cartos, R.A.J.O.Y. ou Cheiras ao bravo, o grupo afonda na liña que abriran con Live en Catoira, o seu primeiro disco. O álbum está dispoñible de balde nas plataformas Bandcamp, O Toxo rabudo e Komunikando, e presentarase publicamente cun concerto na Sala Moon de Compostela o vindeiro 15 de setembro. Na cita estarán tamén presentes Desequilibrio Mental e Familia Caamagno.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Terbutalina, Familia Caamagno, Catoira, Santiago de Compostela