O congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, que se desenvolverá entre xaneiro e xuño en cinco sesións mensuais, será só unha das actividades que o Consello da Cultura desenvolverá este ano arredor da poeta. O presidente da entidade, Ramón Villares, presentaba esta mañá canda a Rosario Álvarez as propostas da entidade. Así, o congreso presencial verase complementado con outro virtual. Ademais, Villares adiantou que para outubro está previsto un acto no Instituto Cervantes de Madrid no que relatores como Luís García Montero, Arcadio López Casanova, Ángel Basanta ou Marina Mayoral analizarán a presenza de Rosalía fóra de Galicia. En novembro, un acto semellante en Barcelona abordará a pegada de Rosalía na cultura catalana.
En canto ao congreso presencial, Rosario Álvarez salientou que contará coa presenza de medio cento de investigadores de prestixio internacional e que se artellará nunha sesión temática cada mes entre febreiro e xuño. O vindeiro xoves, 28 de febreiro, comezan as actividades cunha xeira dedicada á cuestión Rosalía de Castro ante os procesos de cambio social e cultural do século XIX e na que participarán Xosé Ramón Barreiro, Catherine Davies, Henrique Monteagudo ou Carme Hermida entre outros investigadores.
A configuración da Rosalía escritora, Cara a unha interpretación global de Rosalía, Rosalía no contexto internacional e Rosalía á luz dos novos paradigmas críticos son os outros eixes temáticos que terá o encontro. A inscrición para cada unha destas xornadas pode realizarse xa no web do Consello da Cultura. Álvarez adiantou que a sesión do 21 de marzo rematará cun recital no que nove poetas contemporáneas glosarán versos de Rosalía, a coincidir coa celebración do Día da Poesía.
A maiores, Álvarez insistiu en que está xa aberto o prazo para a inscrición e o envío de comunicacións para o congreso virtual sobre a poeta. Todo o material compilado será avaliado por un comité científico e publicado polo Consello da Cultura.
En paralelo a estes eventos, o Consello publica no seu web unha central de recursos sobre Rosalía, na cal pode lerse un facsímile da primeira edición de Cantares Gallegos, que ai este ano o seu 150 aniversario. Ademais, están dispoñibles outros textos sobre a poeta e as conclusións do congreso que sobre a autora se realizou, tamén coa colaboración do Consello, en 1985. O web irase completando con novos contidos.
Programa do congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada.En canto ao congreso presencial, Rosario Álvarez salientou que contará coa presenza de medio cento de investigadores de prestixio internacional e que se artellará nunha sesión temática cada mes entre febreiro e xuño. O vindeiro xoves, 28 de febreiro, comezan as actividades cunha xeira dedicada á cuestión Rosalía de Castro ante os procesos de cambio social e cultural do século XIX e na que participarán Xosé Ramón Barreiro, Catherine Davies, Henrique Monteagudo ou Carme Hermida entre outros investigadores.
A configuración da Rosalía escritora, Cara a unha interpretación global de Rosalía, Rosalía no contexto internacional e Rosalía á luz dos novos paradigmas críticos son os outros eixes temáticos que terá o encontro. A inscrición para cada unha destas xornadas pode realizarse xa no web do Consello da Cultura. Álvarez adiantou que a sesión do 21 de marzo rematará cun recital no que nove poetas contemporáneas glosarán versos de Rosalía, a coincidir coa celebración do Día da Poesía.
A maiores, Álvarez insistiu en que está xa aberto o prazo para a inscrición e o envío de comunicacións para o congreso virtual sobre a poeta. Todo o material compilado será avaliado por un comité científico e publicado polo Consello da Cultura.
En paralelo a estes eventos, o Consello publica no seu web unha central de recursos sobre Rosalía, na cal pode lerse un facsímile da primeira edición de Cantares Gallegos, que ai este ano o seu 150 aniversario. Ademais, están dispoñibles outros textos sobre a poeta e as conclusións do congreso que sobre a autora se realizou, tamén coa colaboración do Consello, en 1985. O web irase completando con novos contidos.
Central de recursos sobre Rosalía de Castro.