"Se entendemos a Galicia contemporánea como un proxecto cultural, ese proxecto comeza coa figura de RosalÃa de Castro", afirmou hoxe á mañá Anxo Angueira, presidente da Fundación RosalÃa de Castro, durante o acto de presentación da programación e iniciativas promovidas por esta entidade canda a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo para celebrar o 150 aniversario da edición en Vigo de Cantares gallegos. A Fundación, que estreou novo sitio web, detallou os actos que se celebrarán o 24 de febreiro, dÃa do nacemento de RosalÃa de Castro.
Alborada para RosalÃa
En colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, a Fundación RosalÃa de Castro fai un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia "para que nesa mañá dean unha alborada de glria en honra á poeta padronesa". Para iso, no web da Fundación habilitaron unha sección especial con materiais e referencias para poder interpretar a Alborada.
Angueira adiantou que a inauguración da reforma da Casa Museo de RosalÃa de Castro, en Padrón, está prevista para decembro de 2013 e suporá unha renovación do proxecto museográfico e museolóxico ubicado na casa.
No acto, Angueira estivo acompañado por Xosé Luis Méndez FerrÃn, presidente da Real Academia Galega, Xosé Henrique Costas, vicerreitor da Universidade de Vigo e Olimpio Xiráldez, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.