Disciplina. Aprender sobre a marcha. Tentar optimizar os procesos. Escribir o que se vai aprendendo e procurar atar todos os cabos soltos. Eses veñen sendo os segredos dos métodos de traballo que está a aplicar a Asociación pola Defensa da RÃa para coordinar o voluntariado na Illa de Ons. Un sistema que está a facer que o grupo empece a ser coñecido e reclamado nas zonas afectadas, un exemplo de cultura de actuación.
Cando comezou a catástrofe pillou por sorpresa ós membros da Asociación pola Defensa da RÃa de Pontevedra, coma a todo o mundo. Esta organización ecoloxista da Cidade do Lérez é a cabeza das continuas campañas pola retirada do complexo ENCE-Elnosa na zona e acadou a primeira condena por delito ecolóxico no estado español contra unha fábrica deste tipo. A finais de novembro comezaron a preparar un autobús con voluntarios para enviar as RÃas Altas. Pero non chegaron a facelo. O tres de decembro chegaba o fuel ás RÃas Baixas, e buscaron un destino desde o que colaborar nas tarefas de recollida do chapapote. Deste xeito, o dÃa seis enviaron á Illa de Ons cincuenta e cinco voluntarios equipados polo Concello e coordinados por Ernesto Smith, de ADEGA. Logo de observar as carencias organizativas primeiro dÃa, estableceuse un retén permanente de cinco persoas na illa, aloxadas por cortesÃa de Casa Checho, un hosteleiro local, e co local da Asociación de Vecinos coma Base de Operacións. A función deste pequeño núcleo era organizar unha zona de descontaminación para deixar os traxes e os elementos manchados co fuel, balizar as zonas de limpeza e buscar métodos para optimizar o traballo.
Coordinación e disciplina
Deste xeito, ó pouco de instalarse alÃ, a APDR creou un sistema en cadea que permitÃa que en chegando a porto e de camiño ás praias, os voluntarios pudiesen ir recollendo o seu equipo de diversas caixas, se mudasen e deixasen os seus efectos persoais no local da Asociación de Vecinos. “Saber a que hora remata o traballo e onde poden deixar os seus efectos persoais supón un alivio moi grande para os voluntarios”, sinala Manuel González, un dos encargados da coordinación. A intención é evitar retencións no fluxo de persoas e chegar ás praias o máis rapidamente que se poida. Alà tamén coinciden na limpeza operarios de Tragsa, membros do exército e persoal de Parques Nacionais, sen que houbese problemas e coa idea clara de que “aquà estamos todos para limpar, e iso é o primeiro”. A disciplina é fundamental para este traballo, e hai que dar exemplo: chegar puntuais ás zonas, deixar ben atados os contactos, preparar destinos de reserva... Tamén é importante facer un seguemento continuado das persoas que se apuntan, saber cales aparecen e cales non e, se é necesario, lembrarlles telefónicamente que faltaron ó seu compromiso. Os voluntarios contentos voltan, iso téñeno comprobado. E mesmo nin fai falla chamalos. Moitos xa están ás sete e media da mañá agardando por se queda algunha praza libre no bus.
Limpeza máxima
Sendo como é un colectivo ecoloxista, a Asociación pola Defensa da RÃa é consciente de detalles que moitos outros pasan por alto. Por exemplo a necesidade de chegar e de retirarse ordenadamente das praias para minimizar o impacto ecolóxico sobre a zona. A necesidade de separar os residuos que se xeran na limpeza e de reciclar o máximo de material posible. O interese porque, xa postos a recoller fuel, tamén se recollan outros lixos da praia, ós que tende a adherirse o chapapoteÂ… Son moitas e pequenas cousas, pouco coñecidas previamente. “Nas praias e nas rochas apréndese moito”, e para non esquecer esta aprendizaxe os reponsables da APDR, e colaboración con varios membros de ADEGA que tamén están en Ons, redactaron uns protocolos que se actualizan constantemente segundo se van observando novas necesidades. Nestes protocolos inclúense detalles coma o de cubrir con plásticos os lugares onde se depositan as ferramentas (“Deixar cen pas sen limpar no chan implica tirar de alà seis capazos de chapapote no dÃa seguinte”, sinala Manuel) ou a necesidade de separar o material unha vez empregado para a súa limpeza e reutilización.
A xente, ferramenta número un
AÃnda que os grupos se coordinan desda a asociación son de arredor de cincuenta e cinco persoas de cada volta, a APDR xa conta cunha lista de setecentos voluntarios que acudiron a Ons e a Carnota, Corrubedo ou Aguiño cando o mar non permitÃa chegar á Illa. Todos eles equipados polo Concello, que tamén se encarga da súa manutención a través das doazóns que recibe. Un total de dezasete saÃdas, ás que se suma a coordinación dun grupo de voluntarios navarros e o envÃo de coordinadores da asociación a Carnota. Desde a asociación amósanse sorprendidos por esta masiva resposta, e recoñecen que “levas grandes e agradables sorpresas coa xente”, persoas que nunca se mobilizaran e que agora son os máis entregados. “Por tres que che fallen en determinadas ocasións non se pode xeralizar, a xente está a portarse moi ben” os que participan son, segundo el, “xente que lle quere á Terra”, sen que se poida falar dun estracto social concreto. E insisten “nas praias apréndese moito”, tanto sobre o xeito de actuar como sobre a ecoloxÃa da zona. E tamén sobre moitas outras cousas con moita xente. Por iso tamén se tenta que vaia o maior número de xente posible, e hai que coidala, “a tarefa do coordinador é organizar o traballo, pero tamén falar cos voluntarios, mesmo darlle unha palmadiña nas costas” se cómpre. Na organización detectaron a existencia do “morbo do fuel”, á xente dalle a impresión de que coller galletiñas non é traballar e queren andar coas pás. De calquera xeito, “os bos e xenerosos si existen”, sinala Manuel, uns bos e xenerosos que ven como o fuel mancha as súas alfombras, á súa roupa e ás súas casas por moito que se limpen e por moito que muden a roupa.
Futuro
Na actualidade os membros da APDR continúan as súas expedicións periódicas á Illa cando o tempo o permite. Ademais, expanden a súa zona de actuación a outras praias afectadas, e atopan traballo de abondo. Agardan continuar con esta tarefa ó longo do ano, cando decaia a marea de voluntarios foráneos. Desde a asociación lembran que a chegada masiva de xente doutras partes do estado un serio problema loxÃstico e un grande gasto para os concellos afectados, xa que precisan organizar aloxamento e manutención, mentres que os voluntarios do paÃs normalmente poden ir e voltar no mesmo dÃa, e mesmo chegan xa con comida e equipamento. En todo caso, o obxectivo está claro, hai que seguir traballando ata que as praias queden limpas, “frente á desidia e á ineficiencia, a sociedade civil ten de artellar mecanismos de resposta que no dá a administración”.
Protocolos para limpeza de praias .Cando comezou a catástrofe pillou por sorpresa ós membros da Asociación pola Defensa da RÃa de Pontevedra, coma a todo o mundo. Esta organización ecoloxista da Cidade do Lérez é a cabeza das continuas campañas pola retirada do complexo ENCE-Elnosa na zona e acadou a primeira condena por delito ecolóxico no estado español contra unha fábrica deste tipo. A finais de novembro comezaron a preparar un autobús con voluntarios para enviar as RÃas Altas. Pero non chegaron a facelo. O tres de decembro chegaba o fuel ás RÃas Baixas, e buscaron un destino desde o que colaborar nas tarefas de recollida do chapapote. Deste xeito, o dÃa seis enviaron á Illa de Ons cincuenta e cinco voluntarios equipados polo Concello e coordinados por Ernesto Smith, de ADEGA. Logo de observar as carencias organizativas primeiro dÃa, estableceuse un retén permanente de cinco persoas na illa, aloxadas por cortesÃa de Casa Checho, un hosteleiro local, e co local da Asociación de Vecinos coma Base de Operacións. A función deste pequeño núcleo era organizar unha zona de descontaminación para deixar os traxes e os elementos manchados co fuel, balizar as zonas de limpeza e buscar métodos para optimizar o traballo.
Coordinación e disciplina
Deste xeito, ó pouco de instalarse alÃ, a APDR creou un sistema en cadea que permitÃa que en chegando a porto e de camiño ás praias, os voluntarios pudiesen ir recollendo o seu equipo de diversas caixas, se mudasen e deixasen os seus efectos persoais no local da Asociación de Vecinos. “Saber a que hora remata o traballo e onde poden deixar os seus efectos persoais supón un alivio moi grande para os voluntarios”, sinala Manuel González, un dos encargados da coordinación. A intención é evitar retencións no fluxo de persoas e chegar ás praias o máis rapidamente que se poida. Alà tamén coinciden na limpeza operarios de Tragsa, membros do exército e persoal de Parques Nacionais, sen que houbese problemas e coa idea clara de que “aquà estamos todos para limpar, e iso é o primeiro”. A disciplina é fundamental para este traballo, e hai que dar exemplo: chegar puntuais ás zonas, deixar ben atados os contactos, preparar destinos de reserva... Tamén é importante facer un seguemento continuado das persoas que se apuntan, saber cales aparecen e cales non e, se é necesario, lembrarlles telefónicamente que faltaron ó seu compromiso. Os voluntarios contentos voltan, iso téñeno comprobado. E mesmo nin fai falla chamalos. Moitos xa están ás sete e media da mañá agardando por se queda algunha praza libre no bus.
Limpeza máxima
Sendo como é un colectivo ecoloxista, a Asociación pola Defensa da RÃa é consciente de detalles que moitos outros pasan por alto. Por exemplo a necesidade de chegar e de retirarse ordenadamente das praias para minimizar o impacto ecolóxico sobre a zona. A necesidade de separar os residuos que se xeran na limpeza e de reciclar o máximo de material posible. O interese porque, xa postos a recoller fuel, tamén se recollan outros lixos da praia, ós que tende a adherirse o chapapoteÂ… Son moitas e pequenas cousas, pouco coñecidas previamente. “Nas praias e nas rochas apréndese moito”, e para non esquecer esta aprendizaxe os reponsables da APDR, e colaboración con varios membros de ADEGA que tamén están en Ons, redactaron uns protocolos que se actualizan constantemente segundo se van observando novas necesidades. Nestes protocolos inclúense detalles coma o de cubrir con plásticos os lugares onde se depositan as ferramentas (“Deixar cen pas sen limpar no chan implica tirar de alà seis capazos de chapapote no dÃa seguinte”, sinala Manuel) ou a necesidade de separar o material unha vez empregado para a súa limpeza e reutilización.
A xente, ferramenta número un
AÃnda que os grupos se coordinan desda a asociación son de arredor de cincuenta e cinco persoas de cada volta, a APDR xa conta cunha lista de setecentos voluntarios que acudiron a Ons e a Carnota, Corrubedo ou Aguiño cando o mar non permitÃa chegar á Illa. Todos eles equipados polo Concello, que tamén se encarga da súa manutención a través das doazóns que recibe. Un total de dezasete saÃdas, ás que se suma a coordinación dun grupo de voluntarios navarros e o envÃo de coordinadores da asociación a Carnota. Desde a asociación amósanse sorprendidos por esta masiva resposta, e recoñecen que “levas grandes e agradables sorpresas coa xente”, persoas que nunca se mobilizaran e que agora son os máis entregados. “Por tres que che fallen en determinadas ocasións non se pode xeralizar, a xente está a portarse moi ben” os que participan son, segundo el, “xente que lle quere á Terra”, sen que se poida falar dun estracto social concreto. E insisten “nas praias apréndese moito”, tanto sobre o xeito de actuar como sobre a ecoloxÃa da zona. E tamén sobre moitas outras cousas con moita xente. Por iso tamén se tenta que vaia o maior número de xente posible, e hai que coidala, “a tarefa do coordinador é organizar o traballo, pero tamén falar cos voluntarios, mesmo darlle unha palmadiña nas costas” se cómpre. Na organización detectaron a existencia do “morbo do fuel”, á xente dalle a impresión de que coller galletiñas non é traballar e queren andar coas pás. De calquera xeito, “os bos e xenerosos si existen”, sinala Manuel, uns bos e xenerosos que ven como o fuel mancha as súas alfombras, á súa roupa e ás súas casas por moito que se limpen e por moito que muden a roupa.
Futuro
Na actualidade os membros da APDR continúan as súas expedicións periódicas á Illa cando o tempo o permite. Ademais, expanden a súa zona de actuación a outras praias afectadas, e atopan traballo de abondo. Agardan continuar con esta tarefa ó longo do ano, cando decaia a marea de voluntarios foráneos. Desde a asociación lembran que a chegada masiva de xente doutras partes do estado un serio problema loxÃstico e un grande gasto para os concellos afectados, xa que precisan organizar aloxamento e manutención, mentres que os voluntarios do paÃs normalmente poden ir e voltar no mesmo dÃa, e mesmo chegan xa con comida e equipamento. En todo caso, o obxectivo está claro, hai que seguir traballando ata que as praias queden limpas, “frente á desidia e á ineficiencia, a sociedade civil ten de artellar mecanismos de resposta que no dá a administración”.
Descarga os protocolos redactados pola Asociación Para a Defensa da RÃa e ADEGA para optimizar a limpeza das praias afectadas polas marea negra.