Lugo revalida a súa aposta polo teatro clásico

Cándido Pazó e Caramuxo Teatro representan a parte galega do programa

Un programa clásico, como xa avanza o título da mostra que leva trece anos ofrecendo en Lugo un selecto programa de obras tradicionais. A XIII edición do Festival de Teatro Clásico de Lugo arrinca este domingo con Juana la Loca, la reina que no quiso reinar de Histrión Teatro, baixo a dirección de Juan Dolores Caballero e con Gema Matarranz como cabeza de cartel. Por diante seis obras máis, sendo unha delas de teatro infantil. Das sete compañías presentes haberá dúas galegas, unha de Cándido Pazó coa súa adaptación para a narración oral de "Decamerón, historias para tempos críticos de Boccaccio" e Caramuxo Teatro coa aposta infantil do Lazarillo.

Lugo repite tamén o modelo de títulos clásicos a cargo de compañías populares. Nesta ocasión, están os grandes clásicos literarios desde O quixote ata Madame Bovary pasando por O médico da súa honra de Calderón de la Barca. A cargo de compañía como Teatro Corsario, Producciones El Brujo ou Metrópolis. Actores coñecidos como José Sacristán, Fernando Soto, Almudena Ramos e José Luis López, entre outros. Haberá bonos para as sete función (con custe entre 25 e 45 euros), así como entradas soltas (entre 7 e 12 euros).
Programa da XIII Mostra de Teatro Clásico.