Milesios presenta 'Alén Mar'

O disco combina pezas tradicionais con outras compostas polo grupo

Portada do disco
Portada do disco
O grupo folk Milesios editou o seu primeiro disco, Alén mar. O disco recolle pezas de raíz tradicional combinadas con outras creadas directamente polo grupo. Dúas delas incluirán por primeira vez voz: unha versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana interpretada por Pilocha Martínez e unha peza tradicional de Carolina Vázquez Castro. A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.

Escoita o tema "Alén mar":

Ligazóns