O centro Ramón Piñeiro presentou oito obras para divulgar a cultura

Oito libros máis

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Informe da literatura 1999" ou o "Diccionario italiano-galego" son dúas das oitos publicacións que presentou o Centro Ramón Piñeiro. Con estas xa suman unhas sesenta publicacións nos seis anos nos que o Centro leva traballando a prol da nosa cultura.

Publicacións novas

O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, e Sara Piñeiro, irmá do intelectual galeguista e o cronista oficial de Galicia, Antonio Eiras, presidiron os actos de presentación das novas publicacións do Centro Ramón Piñeiro. O coordinador científico do mismo, Constantino García foi o encargado de presentar as novidades: " Informe da literatura 1999""; o "Diccionario Italiano-galego"; o "Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos"; as publicacións literarias " Antoloxía do conto neocelandés", o "Epistolario galego de Miguel de Unamuno", "A saudade nos poetas galegos" e as "Obras narrativas" de Manuel Lugrís Freire e de Aurelio Ribalta.


Informe da literatura

Na presentación deuse a coñecer ademais, o Informe da literatura do ano 1999. Un estudio científico con resumos descriptivos da situación da nosa literatura aparecida durante o ano pasado. Datos técnicos sobre as publicacións, así como as recensións e datos sobre a súa incidencia nos xornais e revistas. Unha iniciativa que se leva publicando dende 1996 e que está dirixido por Blanca Roig. No informe deste ano destacan tendencias: a preeminencia da literatura infantil e xuvenil, apoiadas por editoriais como Kalandraka, Galaxia e Xerais; e por outra banda o informe destaca a dependencia á política de subvencións.


Centro Ramón Piñeiro

Con estas novas obras o Centro Ramón Piñeiro leva xa máis de sesenta publicacións a prol do desenvolvemento das diferentes facetas da cultura galega. O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (antes Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) continúa así co seu labor de investigación e fomento do galego para, segundo o coordinador Constantino García, contribuir a "conservación da propia identidade na Europa unida".

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro, Literatura, Constantino García...