Hermanos é unha historia de amor a tres bandas, protagonizada por Álvaro Cervantes, Antonio Velázquez e María Valverde. A nova producción de Telecinco, contada en seis capítulos, comezou hoxe a súa rodaxe en Guadalaxara. Ademais desta localización, Vigo está no calendario de rodaxe a onde se despraza un dos protagonistas. Alí, logo de coñecer as condicións laborais dos traballadores, iniciará unha carreira como líder sindical.