Por se fose pouco, os organizadores acaban de publicar un disco con 15 temas das bandas participantes (tres de cada unha) que se pode descargar de balde para dar a coñecer a cita, unha iniciativa anovadora no noso paÃs.
AÃnda que con algúns problemas co servizo de descargas, que consideraba que se estaban a vulnerar dereitos de autor, o volume está dispoñible e os responsables do festival lembran que teñen os permisos de todas as bandas participantes para desenvolver esta promoción.
O dinamismo dos organizadores do evento, que se desenvolve sen ánimo de lucro e sen axudas públicas, queda de manifesto tamén noutras propostas. Por exemplo, a través do web está en marcha unha campaña para compartir coche entre os interesados en asistir ao evento, e un euro de cada unha das 250 primeiras entradas vendidas irá ao Banco de Alimentos de Ourense, mentre que a partir das 251 a doazón será de 5 euros por pase.