CP&E fabrica embalaxes para o transporte dun produto. Envoltorios de alta calidade estética e funcional que ata lle restan protagonismo aos obxectos que protexen e que acabarán no lixo. En realidade, CP&E non existe, é só unha ficticia marca comercial inventada por RosalÃa Pazo para criticar “as polÃticas de lavado de imaxe das grandes empresas enmascarándose na consigna propagandÃstica da sustentabilidade”. O seu discurso pode apreciarse en Sustentando a tremoia, a exposición que abre a segunda edición de Espazo CrÃtico.
Sustentando a tremoia parte de Argumento(s) para unha farsa, unha exposición coa que Rosalia Pazo recreou “unha sorte de microfeira de mostras, do ramo do papel e o cartón reciclados” para poñer o énfase na hipocresÃa que rodea o código ético empresarial da Responsabilidade Social Corporativa. Creou tres marcas comerciais ficticias (Manufacturas Pazo, Estevios e CP&E, para denunciar como as empresas “buscan perpetuar o modelo económico baseado na produción e o consumo sen lÃmites”. Agora, co gallo da segunda edición do proxecto da universidade de Vigo, Espazo CrÃtico, creou tres pezas novas nas que continúa con esa liña discursiva pero pide o discurso de público.
O Rosetón fractal, Abrir, destapar e Implicad@s no desenvolvemento son as tres pezas novas que incorpora ao discurso expositivo de Sustentando a tremoia. Obras que inciden na súa crÃtica evidenciando a o principio de crecemento ilimitado que sustenta o sistema económico mundial ao tempo que solicita a colaboración do público, primeiro nunha chamada de atención sobre a conduta consumista, pero tamén dun xeito directo pedÃndolle aos visitantes da exposición tubiños de cartón para continuar desenvolvendo a obra e, ao mesmo tempo, unha incitación ao consumo. No fondo, como asegura a propia artista “tenta suspender unha interrogante sobre certos comportamento colectivos que , pese a estean motivados por un incuestionable compromiso social, son frecuentemente instrumentados por interese empresariais”.
A exposición, que conta co comisariado da artista e profesora Mar Caldas, está aberta ata o vindeiro mes de marzo en Alterarte, a sala da Universidade de Vigo.