Unha ducia de traballos exhiben en Vigo o novo cinema venezolano

Terá lugar do 30 de xaneiro ao 2 de febreiro

É Vigo unha da ciudades que concentra un maior número venezolanos de todo o Estado e, precisamente onde está o consultado de Venezuela desa comunidade. Por iso, é nesa cidade onde haberá a primeira mostra do novo cine venezolano, co gallo de exhibir as proxeccións que se fan nese país. A cita desenvólvese dos días 30 de xaneiro ao 2 de febreiro e supón a proxección de 12 curtametraxes e as longametraxes Memorias dun soldado, de Caupolican Ovalles, A hora cero, de Diego Velasco, Reverón de Diego Risquez e Patas para arriba de Alejandro Wiedemann. A entrada é de balde.