Turgalicia leva a Fitur 23 campañas turísticas do país

Ata o domingo hai programadas diariamente actividades promocionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Gárdasme o secredo?. A campaña publicitaria ideada no ano 2010 para a daquela Consellaría de Cultura e Turismo (hoxe de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria) fai parte das actividades coas que Turgalicia acode este ano 2013 a Fitur, a feira turística do Estado máis destacada. No espazo institucional hai programadas ata 23 presentacións nas que se dará a coñecer, entre outras cousas, o corpus de Ponteareas, o proxecto Alma da Mariña Lucense, a Pantín Classic de Ferrol ou Ourense como capital termal. A ambientación sonora chega da man de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, que por medio da Agadic, estarán presentes nesta relevante cita do turismo.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con FITUR, Turgalicia, Turismo, Xosé Lois Romero...