Bota a andar o Taboleiro do Libro Galego

Doce librarías galegas fornecen datos semanais para coñecer as obras máis vendidas na nosa lingua

Desde o coñecido blog Caderno da Crítica, Ramón Nicolás botou a andar esta fin de semana o Taboleiro do Libro Galego. O proxecto achegará unha listaxe semanal das obras máis vendidas nas nosas letras, atendendo ás categorías de Narrativa, Poesía, Ensaio-Teatro, Literatura Infantil e Xuvenil, Banda Deseñada e mais Álbum Ilustrado. Un total de 12 librarías de diferentes localidades do país achegan os datos para elaborar estas listaxes, que abren con As voces baixas, de Manuel Rivas como a obra de narrativa máis vendida dos últimos sete libros, e Ardalén de Miguelanxo Prado a encabezar as vendas de banda deseñada.