Historias para tempos ruíns

Cándido Pazó adapta para a narración oral o clásico da literatura de Giovanni Boccacio, o Decamerón

Cándido Pazó, nun momento do espectáculo
Cándido Pazó, nun momento do espectáculo
Florencia. Século XIV. Uns mozos foxen dun andazo e refúxianse nunha quinta campestre e para entreterse cóntanse historias uns aos outros. Así explicou Giovanni Boccaccio o seu Decamerón, unha obra clásica da literatura universal que Cándido Pazó reinterpreta e actualiza. “A nosa, aquí e hoxe, é a peste económica” explicaba o creador que segue fiel á súa fórmula habitual para de mesturar teatro e narración oral. Con ela Pazó, estará no Salón Teatro de Santiago desde o xoves (20:30 horas) ata o vindeiro domingo.

Foi con “Memorias das memorias do neno labrego” cando Cándido Pazó deu paso máis alá na súa oralidade. Á súa habitual forma de contar historias, mesturoulle teatro e improvisación, nesa sorte de xénero de narración oral que tan bo resultado lle deu coa obra de Neira Vilas. Asume que posiblemente non poida repetir as preto de 90 funcións das “Memorias”, pero descubriu que “coller un título coñecido era un bo cartel de visita”. Foi así como decidiu recuperar unha idea que agromou hai sete anos, nunha viaxe por Colombia, cando pensou que “podía ser unha boa idea presentar unha revisión do clásico de Gionvanni Boccaccio, o Decamerón. Malia que o libro de historias conta cuns cen relatos cortos sobre o amor, a intelixencia humana e a fortuna, Pazó agrupa, modifica e reinterpreta uns cantos deles para poñelo ante o público, dos que require “unha actitude de decodificación activa”.

A obra estará en Santiago desde o xoves ata o domingo e na rolda de prensa, o actor manifestou a súa dúbida sobre cal serán os seguintes escenarios. “Coa Rede Galega de Teatros e Auditorios pechada estamos nun momento complicado no que os concellos non se animan a programar e están á espera, e iso que va case vai alá o mes de xaneiro” explicaba. Con todo, confía que o seu formato de pequeno espectáculo poida saír adiante. Con todo, Pazó quixo destacar que a montaxe que preparou para este ano é fiel á súa traxectoria e que “Cando estes malos ventos pasen, que pasarán, seguirei facendo este tipo de espectáculos”.

O Decamerón de Pazó

O Decamerón de Pazó

Cándido Pazó, nun momento do espectáculo

Cándido Pazó, nun momento do espectáculo

Cándido Pazó, nun momento do espectáculo

Cándido Pazó, nun momento do espectáculo

Cándido Pazó, nun momento do espectáculo

Cándido Pazó, nun momento do espectáculo